Carlos Ruiz Rubio
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de agosto de 2004 Córdoba |
| Outros nomes | Chupete |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Dianteiro |
Carlos Ruiz Rubio, coñecido como Chupe ou Chupete, nado en Córdoba o 24 de agosto de 2004), é un futbolista español que xoga como dianteiro no Atlético Malagueño.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou polas canteiras de varios clubs andaluces e en xuño de 2021 ingresou na estrutura do Málaga.[1] Na tempada 2022/23 debutou co Atlético Malagueño na Terceira Federación.
O 20 de setembro de 2024 produciuse a súa estrea co primeiro equipo na Segunda División, despois de asinar dous tripletes consecutivos co filial. Substituíu a Luismi nun empate 2-2 ante o Granada.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carlos Ruiz 'Chupete', refuerzo para La Academia" (en castelán). 5 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Chupete, otro canterano que debuta" (en castelán). 21 de setembro de 2024. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.