Saltar ao contido

Carlos Pérez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Pérez Álvarez
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Nigrán, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente doméstico Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1993 Celta Fortuna
1992-1998 Celta de Vigo 47(3)
1996-1997cesión Unión Deportiva Almería 21(2)
1998-1999 Grupo Desportivo de Chaves 27(4)
1999-2001 Vitória Sport Clube 39(0)
2001-2004 Clube Desportivo Nacional 71(7)
2004-2005 Club Deportivo Ourense 26(0) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1993-1993   España sub-21 1(0) Editar o valor en Wikidata

Carlos Pérez Álvarez, nado en Vigo o 1 de novembro de 1971 e finado en Nigrán o 5 de xullo de 2006, foi un futbolista galego que xogaba de centrocampista. Formado na canteira do Celta de Vigo, xogou boa parte da súa carreira en Portugal. Faleceu nun accidente doméstico aos 34 anos[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar nas categorías inferiores do Celta, e en 1993 xogou un partido coa Selección de fútbol sub-21 de España. Porén, só xogou 16 partidos como titular nas tres tempadas que estivo no primeiro equipo, e en 1996 foi cedido á UD Almería que xogaba en segunda división. Xogou 21 partidos e meteu dous goles, pero o club descendeu. Regresou ao Celta na tempada 1997-98, pero non tivo participación e foi traspasado.

Fichou polo Grupo Desportivo de Chaves. Xogou 27 partidos e meteu 4 goles, pero o club descendeu, e fichou por outro equipo do norte de Portugal, o Vitória de Guimarães. Alí estivo dúas tempadas, e en 2001 fichou polo Nacional da Madeira, co que ascendeu á primeira división logo de xogar 19 partidos e meter un gol. Alí estivo dúas tempadas máis, e en 2004 fichou polo CD Ourense, que xogaba na segunda B.

Tiña pensado seguir no mundo do fútbol como adestrador, pero morreu novo nun accidente doméstico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]