Carlos Morris Soriano
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Carlos Morris Soriano | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Valencia | |
Falecemento | 24 de agosto de 1936 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Morris Soriano, nado en Valencia cara a 1880 e e finado en Ferrol o 24 de agosto de 1936, foi un militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comandante de Infantería de Marina. Foi comandante do transporte Almirante Lobo e combateu en África, polo que foi condecorado. Foi nomeado Axudante de marina de Viveiro en 1928.[1] Retirado, na Segunda República militou en Unión Republicana e foi concelleiro da Frente Popular en Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Detido en Ferrol o 23 de agosto,[2] foi asasinado o día seguinte pretextando un traslado a Viveiro.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Ferrol con Amparo de Castro Fernández en 1903.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carlos Morris Soriano na páxina web Nomes e Voces.