Carlos Manuel Da Silva Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Freire
Información persoal
Nome Carlos Manuel Da Silva Freire
Nacemento 18 de abril de 1959 (65 anos)
Lugar de nacemento Sintra
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1976-1983 Sporting de Lisboa
1983-1985 Vitoria de Setúbal
1985-1986 Portimonense SC
1986-1987 Celta de Vigo 17 (1)
1987-1989 Estoril Praia
1989-1991 SC Beira-Mar
1982-1993 Sintrense
Selección nacional
1981 Selección de fútbol de Portugal 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carlos Manuel Da Silva Freire, nado en Sintra o 18 de abril de 1959, é un exfutbolista portugués máis coñecido como Carlos Freire, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras unha ampla traxectoria no fútbol portugués, no que foi dúas veces campión de liga e outras dúas de Copa, firmou polo Celta de Vigo o 5 de agosto de 1986 de cara a tempada 1986/87, na que o obxectivo do equipo era o ascenso a Primeira División. No Celta formou dianteira con Pichi Lucas e Baltazar.

Na primeira parte da tempada tivo un bo papel aínda que non chegou a asentarse no equipo, xogando 17 encontros, polo que a mediados de febreiro de 1987 equipo e xogador chegan ao acordo de rescindir o contrato para deixar libre unha praza de estranxeiro, praza que ocuparía Jimmy Hagan.