Carlos Mantilla
Carlos Mantilla en 2019. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1944 Rosende, España |
Morte | 23 de novembro de 2020 (76 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | economista , político , avogado |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carlos Mantilla Rodríguez, nado en Rosende (Sober) o 10 de xullo de 1944 e finado en Vigo o 23 de novembro de 2020,[1] foi un economista, avogado e político galego,[2] militante do PPdG e presidente-decano do Colexio de Economistas de Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia, que procedía da parroquia de Rosende (Sober), trasladouse a Vigo cando el tiña dez anos.
Licenciado en Dereito pola Universidade Camilo José Cela de Madrid e mais en Ciencias Económicas e comerciais pola Universidade de Bilbao. Doutor en Economía e auditor de Contas ROAC. Exerceu como avogado e foi concelleiro e portavoz do Partido Popular no concello de Vigo (1983-1991), deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1987-1991), senador pola provincia de Pontevedra na IV Lexislatura (1989-1993) e deputado no Congreso dos Deputados de España durante as lexislaturas V, VI , VII e VIII (1993-2008).
Durante a década dos anos 1970, foi director económico e de persoal do estaleiro Vulcano.[3] Dende 2008 ata 2013 foi vicepresidente do Consello Superior de Colexios de Titulados Mercantís de España. Desde 20113 foi vogal do Consello Xeral de Economistas de España.
A fiscalía presentou en novembro de 2015 unha querela contra el que foi arquivada.[4][5]
En febreiro de 2019 foi elixido por ampla maioría decano-presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Membro de Honra do Rexistro de Auditores de España (2016).[7]
- Medalla de Ouro do Instituto de Censores de Cuentas de España.[8]
- Titulado Mercantil e Empresarial do Ano 2015 polo Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulados Mercantís.[8]
- Medalla do Mérito Pesqueiro outorgada polo Ministro de Agricultura, Gandería e Pesca do Goberno de España, Miguel Arias Cañete.[8]
- Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort por unanimidade no Congreso dos Deputados por ser principal relator da Lei Concursal.
- Insignia de ouro e brillante, "in memoriam", do Colexio de Economistas de Pontevedra.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cortés, Carlos (24 de novembro de 2020). "Muere a los 76 años Carlos Mantilla, economista y político nacido en Sober". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Carlos Mantilla Rodríguez | Galegos | Gallegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 4/12/2017.
- ↑ Llera, Luis Carlos (19 de agosto de 2020). "«Yo era "socialistoide" y en Vulcano cambié»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "La Audiencia archiva la causa contra un perito del caso 'Culebra' al no ver falso testimonio". Faro de Vigo. 1/11/2017.
- ↑ David Reinero (10/10/2017). "A xuízo un ex-dirixente do PP galego por mentir en defensa dun narco". Praza Pública. Consultado o 10/10/2017.
- ↑ "Carlos Mantilla, nuevo decano del Colegio de Economistas" Atlántico Diario (en castelán).
- ↑ "El Registro de Auditores nombra miembro de honor a Carlos Mantilla" Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Carlos Mantilla, Titulado Mercantil del Año". Atlántico Diario (en castelán). 7/10/2015.
- ↑ Redacción (24 de novembro de 2020). "El Colegio de Economistas de Pontevedra concede la insignia de oro y brillantes a Carlos Mantilla". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Mantilla Rodríguez, Carlos". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 270.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 352. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deputados provinciais de Pontevedra
- Senadores por Pontevedra
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Nados en Sober
- Nados en 1944
- Senadores de España polo PP
- Finados en 2020
- Concelleiros de Vigo
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Concelleiros de Galicia polo PPdeG