Carlos Lleras Restrepo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1908 Bogotá, Colombia |
| Morte | 27 de setembro de 1994 Bogotá, Colombia |
| Lugar de sepultura | Xardíns de Paz |
| 22º Presidente de Colombia | |
| 7 de agosto de 1966 – 7 de agosto de 1970 ← Guillermo León Valencia – Misael Pastrana Borrero → | |
| Minister of Finance and Public Credit (en) | |
| 8 de outubro de 1943 – 6 de marzo de 1944 | |
| Minister of Finance and Public Credit (en) | |
| 26 de agosto de 1941 – 7 de agosto de 1942 | |
| Minister of Finance and Public Credit (en) | |
| 7 de agosto de 1938 – 24 de marzo de 1941 | |
| 23º Ministry of Finance and Public Credit (en) | |
| – Alfonso Araújo Gaviria → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Nacional de Colombia |
| Actividade | |
| Ocupación | político, avogado |
| Partido político | Partido Liberal Colombiano |
| Familia | |
| Cónxuxe | Cecilia de la Fuente de Lleras |
| Fillos | Carlos Lleras de la Fuente |
| Pai | Federico Lleras Acosta |
| Irmáns | Isabel Lleras |
| Premios | |
Carlos Alberto Lleras Restrepo, nado en Bogotá, 12 de abril de 1908 e finado o 27 de setembro de 1994, foi un avogado e político colombiano, que ocupou o cargo de Presidente de Colombia durante o período 1966–1970 polo Partido Liberal. É o avó materno do político Germán Vargas Lleras e de Valerie Calle Vargas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto San Bernardo de La Salle, onde se graduou como bacharel en Filosofía e Letras. En 1930 obtivo o título en Dereito, Ciencias Políticas e Sociais na Universidade Nacional de Colombia en Bogotá. No eido privado, foi avogado de múltiples empresas, nacionais e estranxeiras, reitor do colexio Ximnasio Moderno en 1944, director da Escola de Administración de Empresas e Economía da mesma institución. Foi tamén xerente para Colombia de Celanese. Foi presidente da Xunta Directiva do Banco Francés e Italiano (hoxe Sudameris) do cal foi accionista, asesor de Renault durante o seu exilio en México (1952-1954), fundador dos semanarios "Política y Algo más" (1961) xunto con Juan Lozano y Lozano e "Nueva Frontera" (1975). Tamén salientou como árbitro en numerosos tribunais nacionais, en preitos de dereito comercial. En 1980, a Universidade do Cauca conferiulle o título de Doutor Honoris Causa en Dereito e Ciencias Políticas e Sociais. Foi homenaxeado polo Banco da República no billete de $100.000 pesos que empezou a circular en 2017.
Presidencia
[editar | editar a fonte]Durante o período da Fronte Nacional, resultou elixido Presidente da República para o período do 7 de agosto de 1966 ó 7 de agosto de 1970. O seu goberno, denominado "da transformación nacional", caracterizouse pola estabilización e crecemento económico pola Reforma Constitucional de 1968, que, entre outros aspectos, determinou a descentralización de gran parte da xestión estatal en entidades especializadas como os Institutos Descentralizados.