Carlos Lixó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Lixó Gómez»)
Carlos Lixó
Nacemento11 de novembro de 1991
Lugar de nacementoCarreira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador, escritor e profesor de ensino secundario
PremiosPremio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
Na rede
Dialnet: 3625012
editar datos en Wikidata ]

Carlos Lixó Gómez, nado o 11 de novembro de 1991 en Carreira (Ribeira), é un escritor e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Lixó é graduado en Historia e máster en Profesorado de ESO e Linguas pola Universidade de Santiago de Compostela. Recibiu o Premio Extraordinario da USC e o Premio de Fin de Carreira da Xunta de Galicia.[1] En 2020 defendeu a súa tese de doutoramento titulada O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII) obtendo sobresaliente cum laude pola mesma universidade[2][3], onde tamén deu aulas.[4]

No eido literario, Carlos Lixó obtivo en dúas ocasións o premio de relatos curtos do concello de Cambre e o terceiro premio de relatos curtos do concello de Ames. Publicou poemas en revistas como Dorna e OLGA. Colabora ocasionalmente no Nós Diario e outros xornais.

No 2017 foi merecedor do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé polo seu poemario As casas. O xurado estivo composto por Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e María Lado.[5] Un dos textos que compoñen o libro foi seleccionado entre os finalistas a mellor poema de 2018 do certame aRi[t]mar.[6]

No 2018 recibiu o premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo con "Alpabardas verdes".[7][8] Tamén obtivo o terceiro premio Xuventude Crea 2018 na modalidade de poesía.[9]

Actualmente é profesor de Xeografía e Historia no IES A Paralaia de Moaña.

Con Oriana Méndez en Teñamos a poesía en Paz. Libraría Paz. Pontevedra. 11/04/2019

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Carlos Lixó en Academia.edu.
  2. Lixó Gómez, Carlos (2020). O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII) (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. 
  3. Diario, Nós. "Carlos Lixó: "Os castelos xorden cando Galiza avanza cara un sistema feudal"". Nós Diario. Consultado o 2021-10-01. 
  4. "Información de la Materia - Facultad de Psicología - USC". www.usc.gal. Consultado o 13 de outubro de 2021. [Ligazón morta]
  5. O poeta Carlos Lixó gañador do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, Concello de Fene.
  6. Diario, Nós. "O certame aRi[t]mar nomea as poesías finalistas publicadas en Galiza e Portugal en 2018". Nós Diario. Consultado o 2021-11-15. 
  7. "Reseña". Praza Pública. 
  8. Redacción (16 de maio de 2018). "Carlos Lixó gaña o Premio a artigos xornalísticos de lingua do Concello de Carballo". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018. 
  9. "Xuventude Crea. Programa 2018 – Alertas e publicacións". blogs.xunta.gal. Consultado o 2021-11-15. 
  10. "'As casas', de Carlos Lixó. O escritor de Ribeira preséntanos en recital o seu primeiro libro. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-04-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]