Carlos III de Provenza
Carlos III de Provenza | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1446 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 10 de decembro de 1481 |
Lugar de falecemento | Marsella |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | feudatario |
Pai | Carlos, Conde de Maine |
Nai | Isabel of Luxembourg |
Cónxuxe | Jeanne of Lorraine |
Irmáns | Jean Louis Marin of Anjou e Louise of Anjou |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos III de Provenza e IV ou V de Anjou, nado en 1436 e finado en Marsella en 1481, foi conde de Guisa, Maine e Mortain (1472 - 1481) e duque de Anjou e conde de Provenza (1480 - 1481).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Carlos de Anjou e Isabel de Luxemburgo, e polo tanto neto de Luís II de Anjou, conde de Provenza e rei de Nápoles, e de Iolanda de Aragón. Á morte do seu pai en 1472, herdou os títulos adxacentes ao título principal de Conde-Duque de Anjou. Na numeración do ducado de Anjou a miúdo preséntase como Carlos V fronre ao correcto Carlos IV. En 1480, á morte do seu tío, Renato I, sucedeuno como quinto duque de Anjou, así como conde de Provenza. A sucesión recaeu en Carlos, xa que naquel ano Renato de Anjou só tiña unha filla sobrevivente, Iolanda, que xa recibira o condado de Bar e o Ducado de Lorena. En 1474 casou con Xoana de Lorena, filla de Iolanda de Anjou e, polo tanto, neta de Renato. Non houbo descendencia deste matrimonio. Á súa morte, o condado de Provenza, así como o título de duque de Anjou, pasaron ao seu curmán o rei de Francia Luís XI e integráronse á coroa francesa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Grierson, Philip; Travaini, Lucia (1998). Medieval European Coinage: Volume 14, South Italy, Sicily, Sardinia. Cambridge University Press.
- Potter, David (1995). A History of France, 1460-1560: The Emergence of a Nation State. St. Martin's Press.