Carlos Hugo de Borbón-Parma
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2018.) |
Carlos Hugo de Borbón-Parma | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de abril de 1930 e 8 de xullo de 1930 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 18 de agosto de 2010 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Causa | cancro |
Soterrado | Sanctuary of Santa Maria della Steccata |
Nacionalidade | Francia e España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Oxford |
Ocupación | político e aristócrata |
Pai | Xavier, Duque de Parma |
Nai | Madeleine de Bourbon-Busset |
Cónxuxe | Irene dos Países Baixos |
Fillos | Carlos de Bourbon de Parme, Jaime de Bourbon de Parme, Margarida, Condessa de Colorno e Carolina de Bourbon de Parme |
Irmáns | Sixto de Borbón, Françoise de Bourbon-Lobkowicz, María Teresa de Borbón Parma, Princess Cécile of Bourbon-Parma e Princess Marie des Neiges of Bourbon-Parma |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Hugo de Borbón-Parma, duque de Borbón-Parma, nado o 8 de abril de 1930 en Madrid e finado o 18 de agosto de 2010 en Barcelona, foi o xefe da casa ducal de Parma e pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos Hugo I.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Xavier de Borbón-Parma e de María de Borbón-Busset, obtivo o bacharelato en Montreal,[1] estudou ciencias económicas na Universidade de Oxford e traballou no Deutsche Bank. En 1957 entrou en España pola primeira vez e participou no acto de Montejurra dese ano representando ao seu pai. Realizou varias viaxes máis por España, e entrou en contacto coa AET e MOT, os sectores máis progresistas do carlismo, e no verán de 1962 traballou de incógnito nunha mina asturiana. O 29 de abril de 1964 casou en Roma coa princesa holandesa Irene de Orange-Nassau. En 1968 o réxime franquista expulsouno de España
O 8 de abril de 1975 ao abdicar o seu pai, Xavier, aos dereitos á Coroa española converteuse no pretendente carlista á coroa, ademais de ostentar a presidencia do Partido Carlista. En marzo de 1976 intentou entrar en España pero as autoridades non lle deu autorización para entrar e non puido saír do aeroporto de Barajas. A fins de 1977 puido regresar a España. Nas eleccións xerais de 1979 encabezou a candidatura do Partido Carlista en Navarra, conseguiu o 7.7% dos votos pero non conseguiu escano. Tras o fracaso electorial en novembro de 1979 renunciou á presidencia do PC e abril deixou a organización, en 1981, marchou aos Estados Unidos, onde exerceu como profesor na Universidade Harvard e dende 1999 viviu en Bruxelas.
Obras[editar | editar a fonte]
- Qué es el Carlismo (1976)
- La vía carlista al socialismo autogestionario (1977)
- ↑ Bernier Arcand, Philippe (2022). "Les Bourbon-Parme dans les institutions d’enseignement du Québec". Histoire Québec (en francés) 28 (1): 24–28. ISSN 1201-4710.