Carlos Hervés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Hervés Beloso»)
Infotaula de personaCarlos Hervés
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoManuel Besada Morais Editar o valor em Wikidata

Carlos Hervés Beloso, nado en Marín o 1 de xuño de 1953, é un economista e matemático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Matemáticas en 1975 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na mesma en 1979. Foi investigador nas universidades de Nancy (1977-1978), Trinity College de Dublín (1979-1980) e Harvard (1989). É catedrático de Análise Matemática dende 1989. Como docente, impartiu clases na propia Universidade de Santiago, así como na Universidade Carlos III de Madrid (1990-1996) onde foi director do departamento de Economía (1993-1995). En 1996 reincorporouse á Universidade de Vigo como director do departamento de Matemáticas (1996-1999), onde continúa o seu labor docente e investigadora.

Especializado en economía matemática e, en concreto, na teoría do equilibrio xeral. Ten publicado artigos en revistas como Journal of Functional Analysis, Journal of Economic Theory, Journal of Mathematical Economics, Economic Theory ou Journal of Economics. Foi recoñecido como Economic Theory Fellow pola Society for the Advancement of Economic Theory[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]