Carlos G. Amigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos G. Amigo
Nome orixinalCarlos García Amigo
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalMúsica
EducaciónConservatorio Superior de Música da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Filharmonía de Galicia

Carlos García Amigo, nado na Coruña o 27 de xullo de 1973, é un músico solista de violoncello galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Comezou os seus estudos musicais e a tocar o violoncello no Conservatorio Superior de Música da Coruña, para continualos despois no de Santiago de Compostela e no Koninklijk Conservatorium da Haia.
Recibiu bolsas de estudo de diferentes institucións, como a Deputación da Coruña, a Fundación Caixa Galicia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, no marco dos seus ciclos de xoves intérpretes.
Colaborou como profesor de Música de cámara na Escola de Altos Estudos Musicais do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Asiste regularmente como alumno ao curso "Cánticos, Cantigas e Cantos", organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Actividades musicais[editar | editar a fonte]

Actualmente é membro da Real Filharmonía de Galicia de Santiago de Compostela, e compaxina a súa actividade nesta orquestra coa camerística e a docente en diversas escolas de Compostela, así como con colaboracións con agrupacións de Música antiga no ámbito español. Grcía Amigo gravou diversos CDs co grupo In Itinere da Universidade de Santiago de Compostela, así como coa Real Filharmonía de Galicia. Tamén realizou colaboracións en bandas sonoras, como a da serie emitida pola TVG As leis de Celavella. Participou, en calidade de solista, na Orquestra Sinfónica de Galicia, sendo dirixido polos mestres James Ross e Rumon Gamba. En 1999 foi membro da Schleswig-Holstein Musik Festival Orchester, onde foi dirixido por mestres como Mstislav Rostropovich, Christoph Esenbach o Vladimir Spivakov entre outros. Ademais, foi membro de diferentes agrupacións camerísticas como CelliaQu4ttro ou o Trio Artabria, cos que realizou concertos en diversas salas de Galicia, Cataluña e os Países Baixos.[1]

Por iniciativa de Carlos García Amigo, Diego Rojo e Eliseu Mera constituíuse no verán de 2013 o Herbens Consort, coa finalidade de participar no Festival de Música de Herbón As notas do pemento, certame do que se converteu no seu grupo residente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carlos García Amigo en Galegos. Consultado o 21 de xuño de 2022.
  2. Confidencial, Galicia. "Herbens Consort, a música que enche espacios centenarios". Galicia Confidencial. Consultado o 21 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]