Carlos Cardoso Lage
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Carlos Cardoso Lage, nado en Rio Torto, Valpaços, o 21 de novembro de 1944, é un político portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Historia e, desde a Revolución dos Caraveis, está afiliado ao Partido Socialista (PS), tendo desempeñado diversos cargos políticos. Entre 1974 e 1975 dedicouse ao ensino. A súa nai era profesora de primaria e o seu pai un dos máis destacados proprietrios de Rio Torto. Era, pois, un privilexiado entre os seus conterráneos. Aínda así, resultou ter problemas de diversa índole, cunha desorientación existencial que el mesmo relata en Classe Política Portuguesa, editada en 1991, con estas palabras:
... "contra os 15 anos andaba no 7° ano do instituto, cando vivín unha profunda crise relixiosa... Crise relixiosa, crise de adolescencia, crise de identidade. A partir de aí entrei nunha fase de rebeldía individualista"...
Despois foi oficial das milicias universitarias en Mozambique e, froito desa rebeldía individualista foi xulgado e condenado a 3 anos e mesio de cadea, por crimes contra a seguridade do Estado. Encontrou na política o seu camiño certo e seguro. Aos 31 anos foi elixido deputado á Asemblea Constituínte (que redactou a nova Constitución do 31 de marzo de 1976. Foi deputado á Asemblea da República nas I, II, III, IV, V, VI e X lexislaturas. Foi vicepresidente da Asemblea da República, vicepresidente do Grupo Parlamentario do PS, presidente da Comisíón de Administración do Territorio, Poder Local e Ambiente, e presidente da Federación do PS–Porto. Foi tamén elixido presidente da Asemblea Metropolitana do Porto.
Entre 1994 e 2004 foi deputado no Parlamento Europeo, onde presidiu a Delegación Socialista Portuguesa e foi tamén vicepresidente do Grupo Parlamentario do Partido Socialista Europeo (PSE). Foi docente universitario entre 1995 e 1998. E foi membro do consello de administración da Sociedade Porto 2001–Capital Europea da Cultura. Asñi mesmo, foi deputado na Asemblea Municipal do Porto. Entre outros cargos foi o encargado da Denominación de Orixe do Douro.
Desde setembro de 2005 asumiu as funcións de presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, CCDR-N (Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |