Carlos Bellvís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Bellvís
Información persoal
Nome Carlos Bellvís Llorens
Nacemento 24 de abril de 1985 (38 anos)
Lugar de nacemento Valencia
Altura 1,69 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Alcorcón
Número 16
Carreira xuvenil
EMDA Alaquas
2002–2003 Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2004 Valencia C
2004–2006 Valencia B
2006–2009 Valencia 0 (0)
2006–2008Elche (cedido) 72 (4)
2008–2009Numancia (cedido) 28 (1)
2009–2011 Tenerife 29 (0)
2011–2014 Celta de Vigo 35 (0)
2014 Ponferradina 17 (0)
2014– Alcorcón 135 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 3 de xuño de 2018
editar datos en Wikidata ]

Carlos Bellvís Llorens, nado en Valencia o 24 de abril de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o AD Alcorcón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar a fútbol no EMDA Alaquas e formouse nas categorías inferiores do Valencia CF. No ano 2006 foi cedido ao Elche CF de Segunda División, no club ilicitano xogou dúas tempadas nas que foi titular indiscutibel, disputando 72 encontros e marcando catro goles.

Ao rematar esas dúas tempadas volve ao Valencia pero foi cedido outra vez, neste caso ao CD Numancia acabado de ascender a Primeira División. Debutou na máxima categoría o 31 de agosto de 2008. Co descenso do equipo abandona Numancia sendo traspasado do Valencia ao CD Tenerife, tamén en Primeira División. Comezou a tempada como titular pero rematou como suplente de Pablo Sicilia.

O 17 de agosto de 2011 ficha polo Celta de Vigo, por aquel entón en Segunda División, conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada.