Saltar ao contido

Carl Snoilsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarl Snoilsky

Retrato e sinatura de Carl Snoilsky (1877)

Biografía
NacementoCarl Johan Gustaf Snoilsky.
8 de setembro de 1841
Estocolmo.
Morte19 de maio de 1903 (61 anos)
Estocolmo.
Lugar de sepulturaCemiterio de Solna. 
Cargos
Bibliotecario Real de Suecia
Período1890-1903
Presidente da
Sociedade Numismática Sueca
AntecesorGeorg Wolfgang von Francken
SucesorJohan Otto Wedberg
Datos persoais
País de nacionalidade Sueco.
Educación Universidade de Uppsala.
Actividade
Campo de traballoBibliotecoloxía e poesía sueca Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEscritor, diplomático, bibliotecario e numismático.
Membro de
LinguaSueco.
Obra
Obras destacables
· Diker.
· Nya diker.
· Sonnetter.
· Svenska bilder.
Familia
CónxuxeEbba Snoilsky. Editar o valor en Wikidata
PaisNils Snoilsky Editar o valor en Wikidata  e Sigrid Snoilsky Editar o valor en Wikidata
Premios
1902: Premio Letterstedt de tradución.
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Granat
Svenskt konstnärslexikon Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 187025 Musicbrainz: 4fbdee24-f189-44ae-9941-46c017bf1241 IMSLP: Category:Snoilsky,_Carl Editar o valor en Wikidata

Carl Johan Gustaf Snoilsky, nado en Estocolmo o 8 de setembro de 1841 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1903,[1] foi un diplomático e poeta sueco, o máis salientable dos primeiros realistas. A súa vida e a súa obra exerceron unha grande influencia no dramaturgo Henrik Ibsen, en particular na súa obra Rosmersholm.[2]

Snoilsky foi tamén un reputado numismático, e presidiu a Sociedade Numismática Sueca desde 1891 ata a súa morte. Tamén foi membro da Academia Sueca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe, primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Snoilsky naceu en 1841 en Estocolmo, fillo da condesa Sigrid Banér, pintora, e de Nils Snoilsky, xuíz de paz e conde camarlengo.[3][4]

Canto ás súas orixes familiares, Carl Snoilsky asegurou ter como antepasado un pastor protestante de Carniola, Eslovenia, que se facía chamar Labacus.[5] Tal afirmación, popularizada en Eslovenia polo poeta Anton Aškerc, non foi plenamente probada, mais é verosímil. Ese nome asociouse ao reformador protestante carniolano Johann Snoilshik.[6]

Carl Snoilsky cursou os seus estudos primarios na Escola Klara e a educación secundaria no Stockholms lyceum, e en 1860 ingresou na Universidade de Upsala, onde comezou os estudos de Diplomacia, que abandonou para comezar a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores sueco.[7]

Carreira literaria e numismática

[editar | editar a fonte]

Xa en 1861, baixo o pseudónimo de Sven Tröst, comezou a imprimir uns poemas, e de camiño converteuse nun dos personaxes centrais da brillante sociedade literaria da capital sueca. En 1862 publicou unha colección de poemas titulada Orchideer ("Orquídeas").[7]

Durante 1864 e 1865 estivo en Madrid e en París en misións diplomáticas. Foi en 1869 cando compilou por primeira vez os seus poemas baixo o título de Dikter ("Poemas"), xa non con pseudónimo, senón co seu nome real. A partir dese momento, Snoilsky situouse entre os poetas contemporáneos máis eminentes do seu país.[7] O seu libro Sonnetter ("Sonetos"), de 1871,[8] aumentou a súa notoriedade.[9]

Durante o seguinte lustro, Snoilsky abandonou a poesía e dedicouse de cheo ao seu traballo no Ministerio de Asuntos Exteriores, así como ao estudo da numismática e ao coleccionismo de moedas.[9] Desde 1891 ata o seu falecemento foi o presidente da Sociedade Numismática Sueca.[10][11]

Carl Snoilsky ca. 1900.

En 1876 retomou a creación poética e publicou unha tradución de baladas de Goethe, pola que foi recoñecido en 1902 co premio Letterstedt de Tradución.[12] No propio 1876 foi nomeado conservador dos arquivos (Expeditionssekreterare) e xefe do departamento político do Ministerio de Asuntos Exteriores, e en 1878 foi ascendido a director adxunto (kansliråd), e sucedeu o bispo Paul Genberg como un dos dezaoito membros da Academia Sueca.[9][13]

Mais en 1879 renunciou a todos os seus cargos e marchou repentinamente a Florencia coa condesa viúva Ebba Piper —de solteira baronesa Ruuth—, con quen casou en 1880.[9]

Snoilsky publicou en 1881 un volume de Nya Dikter ("Novos poemas"). Outros volumes de Dikter apareceron en 1883, en 1887 e en 1897. Na década de 1880 publicou tamén poemas como Savonarola en 1883 e Hvita frun ("A Dama Branca") en 1885. En 1886 compilou os seus poemas de tema nacional en Svenska bilder (cunha segunda edición en 1895), que se converteu nun clásico sueco.[9]

Tumba de Carl Snoilsky no cemiterio de Solna.

En 1891 regresou a Estocolmo e foi nomeado bibliotecario principal (Överbibliotekarie) da Biblioteca Real de Suecia, cargo que ocupou ata o seu falecemento en Estocolmo o 19 de maio de 1903.[1][3][9]

Os seus poemas foron recompilados novamente, baixo o título de Samlade dikter ("Colección de poemas"), en cinco volumes publicados entre 1903 e 1904.[9]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos poemarios de Snoilsky, accesibles en liña:

  1. 1 2 Westrin, Th. (1917). Páxina 131.
  2. Glavan, M. (2019). "Henrik Ibsen in Carl Snoilsky". En Stati inu obstati: revija za vprašanja protestantizma (en esloveno). Vol. 29. Nº 19. Xuño. Páxinas 164-166.
  3. 1 2 Lewan, B. (2006).
  4. Warburg, K. (1905). Páxina 15.
  5. Glavan, M. (2019).
  6. Glavan, M. (2019). "Janž Znojilšek: verski in slovstveni reformator" ["Janž Znojilšek: un reformador literario e relixiosos]. En Stati inu obstati: revija za vprašanja protestantizma (en esloveno, inglés e alemán). Vol. 29. Nº 19. Páxina 227.
  7. 1 2 3 Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 294.
  8. Véxase "(1871)" en "Publicacións".
  9. 1 2 3 4 5 6 7 Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 295.
  10. "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).
  11. Wahlquist, G. (2004).
  12. "Letterstedtska priset för översättningar". Litteraturbanken.se
  13. "Snoilsky, Carl". Svenska Akademien (Svenskaakademien.se).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]