Carl Michael Bellman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de febreiro de 1740 Maria Magdalena parish |
| Morte | 11 de febreiro de 1795 Klara Church Parish |
| Causa da morte | tuberculose |
| Educación | Universidade de Uppsala |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Estocolmo (1765–1795) |
| Ocupación | poeta, escritor, compositor, office worker (en) |
| Período de actividade | 1765 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Sátira |
| Instrumento | Cistro e laúde |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lovisa Fredrica Bellman |
| Fillos | Adolph Martin Jacob Henric Bellman |
| Pais | Johan Arendt Bellman |
| Cronoloxía | |
| Q102121351 | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Dicionario Biográfico Sueco, lang: lingua sueca Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бельман Карл Микаэль) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Carl Michael Bellman, nado en Södermalm (Estocolmo) o 4 de febreiro de 1740 e finado o 11 de febreiro de 1795, foi un poeta sueco. Bellman é unha figura central da canción tradicional sueca e a súa influencia é moi importante na música sueca e na literatura escandinava en xeral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Carl Michael Bellman foi fillo do avogado Johan Arendt Bellman (fillo), secretario do palacio real, e de Catharina Hermonia, filla do pastor luterano Michael Hermonius. Bellman comezou a escribir en 1757, as súas primeiras poesías tiñan carácter relixioso. A partir de 1760 comezou a ser coñecido polas súas cancións de pousada (dryckesvisor) e parodias bíblicas.
En 1770 comezou a traballar no que ía ser Fredmans epistlar, con problemas económicos constantes, a súa situación mellorou despois do golpe de Gustavo III, quen se converteu no seu protector e posibilitou que mellorase a súa situación económica.
Obras
[editar | editar a fonte]As súas obras principais son Fredmans sånger (1791) e Fredmans epistlar (1790), entre as dúas inclúe unhas 150 cancións, a maioría versan sobre o mundo das tabernas e pousadas. Un mestre do ritmo e da rima, cun marabilloso sentido na combinación da letra e da música, que unhas veces collía de pezas musicais contemporáneas e outras eran de creación propia, anovando e arriquecendo a canción tradicional parodiando e renovando os estilos literarios contemporáneos. As letras, celebrando a embriaguez e o pracer sexual conxúgase co amor, a morte e as cualidades do presente, reflicten a vida dos baixos fondos de Estocolmo do século XVIII. Bellman contou co apoio do rei Gustavo III de Suecia, e a súa composición Gustafs skål, converteuse nun himno real informal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carl Michael Bellman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bellman.net
- Projekt Runeberg: Carl Michael Bellman
- Carl Michael Bellman page na Bibliioteca Pública de Kuusankoski
- Carl Michael Bellman page en Poemist.com