Saltar ao contido

Carl Jonas Love Almqvist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarl Jonas Love Almqvist

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1793 Editar o valor en Wikidata
Adolf Fredriks parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de setembro de 1866 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Bremen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSolna cemetery (en) Traducir, SO 01 2 59°21′11″N 18°01′31″L / 59.35294, 18.02518 Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala (1808–1815) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, música e teatro Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, mestre, dramaturgo, activista polos dereitos das mulleres, novelista, poeta, xornalista, compositor, sacerdote Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAftonbladet (1846–)
Nya Elementar (en) Traducir (1828–1841) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
FillosLudvig Carl Wilhelm Almquist, Maria Lovisa Almquist Editar o valor en Wikidata
PaisCarl Gustaf Almquist Editar o valor en Wikidata  e Birgitta Lovisa Gjörwell Editar o valor en Wikidata
IrmánsGustaf Fridolf Almquist
Erik Viktor Almquist Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0022007 Enciclopedia Galega Universal: 72057 BNE: XX1399325 Spotify: 6Z4MzHaJlRMbc5O45HV1I8 Musicbrainz: 24c4c079-e0fa-4a5e-92c7-f25f92cfa023 Discogs: 729176 WikiTree: Almqvist-18 Find a Grave: 9531060 Editar o valor en Wikidata
Pintado por Almqvist, 1823

Carl Jonas Love Almqvist, nado en Estocolmo en 1793 e finado en Bremen en 1866, foi un escritor sueco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia acomodada estudou Filosofía na Universidade de Uppsala. Influenciado pola obra de Jean Jacques Rousseau trasladouse ao norte do condado de Värmland, próximo a Noruega, para vivir nun rural que tiña idealizado. Alí casou cunha campesiña, Anna Maria Andersdotter Lundström (1799–1868), coa que tería dous fillos.

En 1828 incorporouse como profesor nunha escola primaria experimental de Estocolmo, sendo o seu director durante unha década, e, en 1837, fíxose pastor da Igrexa de Suecia. A nivel literario, logo dunha etapa romántica adoptou o realismo, resultando as súas obras moi polémicas. En Om brottsliges behandling (1821) insistía na necesidade da reinserción social dos presos, e en Drottningens juvelsmycke (1834), o protagonista, Tintomara, é un individuo intersexual. En 1839, a novela Det går an (As nosas normas) foi particularmente atacada. Nela relata os plans dunha parella de mozos que proxectan unha vida común baseada nunha relación de igualdade e autonomía. Ademais tamén se critica o sistema gremial (vixente ata 1850) e deféndese a idea da separación entre sexualidade e matrimonio. Ante estas ideas, os sectores conservadores e eclesiásticos escandalizáronse por considerar que era carente de moralidade, mentres que moitas escritoras suecas da época consideraron a obra como unha "fantasía masculina".[1] Como consecuencia, tivo que renunciar á súa carreira como docente e relixioso, exercendo como xornalista para Aftonbladet e Jönköpingsbladet.

Acusado de fraude e de tentar envelenar con arsénico a un prestamista co que contraera débedas emigrou aos Estados Unidos en 1851. Alí residiu en Filadelfia (Pensilvania) empregando o nome falso de Lewis Gustawi onde volveu casar, sendo bígamo. Procurando regresar a Suecia, en 1865 volveu a Europa, establecéndose en Bremen baixo a identidade de doutor Wastermann, alí falecería en 1866.

Por mor da visión crítica da sociedade e política do seu país que daba nos seus libros, a Igrexa e o Estado condenárono como revolucionario perigoso, mais co tempo a obra revalorizouse e é considerada como adiantada ao seu tempo e profética en moitos aspectos.[2]

  • Murnis (1819)
  • Om brottsliges behandling (1821)
  • Amorina (1822)
  • Törnrosens bok (1833-51), a súa principal obra, na que funde varios xéneros literarios.
  • Jaktslottet
  • Kapellet (1838)
  • Palatset (1838)
  • Svenska fattigdomens betydelse
  • Drottningens juvelsmycke (1834)
  • Ormus och Ariman (1839)
  • Grimstahamns nybygge (1839)
  • Människosläktets saga (1839)
  • Om poesi i sak (1839)
  • Det går an (1839)
  • Om uppfostringsväsendet i Sverige (1840)
  • Amalia Hillner (1840)
  • Gabrièle Mimanso (1841-42)
  • Tre fruar i Småland (1842-43)
  • Monografi (1844-45)
  • Om poesi i sak
  • Songes (1849)
  • Europeiska missnöjets grunder (1850)
  • Om svenska rim

Traducións en galego

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2021, a editorial Hugin e Munin publicou a novela Det går an co título As nosas normas traducido do sueco por Marta Dahlgren.[3]

  1. "As nosas normas – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2021-08-05. 
  2. "Carl Jonas Love Almqvist (1793-1866). Critical and Biographical Introduction. Warner, et al., comp. 1917. The Library of the World's Best Literature". www.bartleby.com. Consultado o 2021-08-05. 
  3. "Os primeiros 101 títulos – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2021-08-05.