Nos debuxos aparece representado o profeta do islamMahoma; a máis polémica das caricaturas é aquela na que o profeta aparece ataviado cun turbante en forma de bomba, unha viñeta inspirada nun outro coñecido debuxo de Aladdin portando unha mazá enriba do seu turbante. Os debuxos son obra do artista Kurt Westergaard, que a causa disto recibiu diversas ameazas e sufriu varios intentos de asasinato, o último a cargo dun mozo somalí de 28 anos o 1 de xaneiro de 2010.[1]
A raíz da primeira publicación das imaxes en Dinamarca, houbo unha reacción violenta do radicalismo relixioso islámico[2] e unha contrarreacción de moitas cabeceiras europeas de información na defensa da liberdade de expresión, como o diario francés France Soir ou o alemán Die Welt.