Saltar ao contido

Carballo (modelo lingüístico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballo
 Instancia de
Características
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Desenvolvedor/a
Datas
 Data de publicación
2024 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Carballo é un modelo lingüístico de intelixencia artificial desenvolvido no marco do Proxecto NÓS e publicado en aberto en 2024, converténdose no primeiro modelo de linguaxe de grande escala para a lingua galega.[1][2][3]

O Proxecto Nós, que desenvolven o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), ambos os dous da Universidade de Santiago de Compostela (USC).[2]

Carballo é un modelo coñecido como fundacional por ser a peza básica -e esencial- para construír ferramentas mediante intelixencia artificial xerativa con tecnoloxía lingüística, como chatbots, tradutores ou correctores automáticos.[2]

Para o adestramento de Carballo usouse un corpus masivo no que se recolle todo tipo de textos en galego, incluíndo a Wikipedia en galego, chamado CorpusNós.[3]