Saltar ao contido

Carballeira de Santa Minia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCarballeira de Santa Minia
Tipocarballeira Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBrión, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°51′59″N 8°40′50″O / 42.8664203, -8.680535

A carballeira de Santa Minia é unha carballeira que se atopa nun dos espazos públicos máis importantes do concello de Brión. Foi o lugar elixido dende sempre para as festas e reunións de veciños. Nela atópase o santuario de peregrinación de Santa Minia,[1] unha mártir romana traída da catacumba de Santa Inés por Lois Tobío Fernández, e venerada o 27 de setembro. O corpo chegou a Brión o 1 de agosto de 1848.

A carballeira acolleu durante varios anos unha das mellores feiras que se celebran na comarca. A primeira celebrouse o 30 de marzo de 1912. En 1913 completouse o conxunto cunha fonte dedicada ao deus Hermes ou Mercurio, agasallo de Vicente Ramos. Nesta carballeira atópanse varios edificios que albergan servizos municipais.

  1. "Alumeado na carballeira de Brión pola súa 'patroa'". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-09-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]