Saltar ao contido

Carballedo, Cerdedo Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballedo
Vista de Trabazo.
ConcelloCerdedo Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°28′19″N 8°28′55″O / 42.47194444, -8.48194444
Área10,6 km²
Poboación324 hab. (2019)
Densidade30,57 hab./km²
Entidades de poboación14[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.

O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro[2], e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana[3]. No lugar da Braña está situado o pazo da Braña, do século XVIII. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Carballedo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade

A Asperiña | O Berberote | A Braña | A Chan | O Comareiro | A Cuqueira | Doade | A Igrexa | A Lomba | Paraños | Pazos | Silvela | Sión | Trabazo

Parroquias de Cerdedo Cotobade

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | A Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa Mariña) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. ↑ Casal García, R., Concheiro Coello, A. e Reboreda Carreira, A. (2010): "O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico", en Gallaecia nº 29.
  3. ↑ Concheiro Coello, A. (2010): "Sondaxes arqueolóxicas na Cruz do Castro, Carballedo, Cotobade (Pontevedra)", en Actuacións arqueolóxicas ano 2008. Xunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fraguas, Antón (1955). "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", III Congreso Nacional de Arqueología, 1953, Zaragoza, pp. 411-412.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]