Carall Bernat
Aparencia
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Torroella de Montgrí, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 71 m ![]() | |||
O Carall Bernat é o illote máis oriental do arquipélago das illas Medes, na costa de Cataluña. Pertence ao concello de Torroella de Montgrí, na provincia de Xirona. O seu nome provén dunha deformación de Carall Trempat, de orixe claramente fálica.
É un monólito con forma de parábola convexa, cunha cota máxima de 70,1 metros sobre o nivel do mar. A súa superficie emerxida supera os 3.000 m². En profundidade descende ata os 50 metros ata o fondo areoso da baía de Pals. Dadas as súas características subacuáticas, o lugar é frecuentado polos afeccionados ao mergullo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Departamento de Medi Ambiente e Habitaxe, Generalitat de Cataluña, ed. (01.09.2010). "Carall Bernat". Consultado o 29 de decembro de 2010.