Caracol de Pascal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Construción dun caracol Pascal

En matemáticas, os caracois de Pascal son curvas en forma de corazón. A cardioide é un caso especial, que ten un punto de retroceso. Os caracois de Pascal son un caso particular de epitrocoide no que os dous círculos empregados para xerar a curva teñen o mesmo raio.

En coordenadas polares a súa ecuación é

E en coordenadas cartesianas é

.

Cambiando as variables e da ecuación anterior, tamén se obtén un caracol de Pascal, que en coordenadas polares é

O caracol de Pascal é unha curva alxébrica plana.

Historia[editar | editar a fonte]

A investigación formal sobre estas curvas atribúese a Étienne Pascal, pai de Blaise Pascal. Pero o artista renacentista alemán Albrecht Dürer foi quen por primeira vez investigou estas curvas. O libro de Durero Underweysung der Messung ("Instrución sobre medidas")[1] contén métodos xeométricos específicos para producir caracois de Pascal.

Visualización[editar | editar a fonte]

Un caracol Pascal, un cardioide e un trisector, respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Underweysung der Messung". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]