Saltar ao contido

Carabineiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aristaeopsis edwardsiana
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Superorde: Eucarida
Orde: Decapoda
Suborde: Dendrobranchiata
Familia: Aristeidae
Xénero: Aristaeopsis
Especie: A edwardsiana
Nome binomial
Aristaeopsis edwardsiana
(J. Y. Johnson, 1868)
Sinonimia
  • Plesiopenaeus edwardsianus (J. Y. Johnson, 1868)
  • Penaeus edwardsianus J. Y. Johnson, 1868
  • Aristeus edwardsianus (J. Y. Johnson, 1868)
  • Aristeus carolinus Bate, 1888
  • Aristeus splendens Richard, 1900

O carabineiro[1][2] (Aristaeopsis edwardsiana) é unha especie de crustáceo decápodo da familia Aristeidae.[3] É de aspecto similar aos lagostinos e gambas, aínda que é bastante máis grande. De forte coloración rubia escura, ten un corpo alto e esmagado lateralmente e unha cabeza igualmente alongada. O seu tamaño pode alcanzar os 30 cm.

Usos gastronómicos

[editar | editar a fonte]
Carabineiros

O carabinero é unha especie habitual nos mercados españois, podéndose confundir co lagostino moruno, que é de calidade culinaria similar.

A maioría das capturas proceden do sur da Península Ibérica, e lévanse a cabo de maneira homoxénea ao longo de todo o ano. É especialmente exquisito cociñado á prancha, só con sal.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carabineiro.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 66. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  3. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Carabineiro (TSN 96074)" (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]