Captatio benevolentiae

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search

A captatio benevolentiae (do latín "procura da benevolencia") é un recurso estilístico e retórico. É usado polo autor para captar a atención e boa predisposición do público (no caso dun discurso ou obra de teatro) ou lector. En moitos casos esta figura é usada para pedir a comprensión cara aos erros aducindo algunha escusa ou razón, se ben en moitos casos é, presumiblemente, falsa modestia.