Capricornio (astroloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capricornio
Símbolo zodiacalA cabra mariña
Duración (Tropical)22 de decembro - 20 de xaneiro (2024, UTC)
Duración (Sideral, hindú)15 de xaneiro - 13 de febreiro (2024, UTC)
ConstelaciónCapricornus
ElementoTerra
Calidade zodiacalCardinal
DomicilioSaturno
DetrimentoLúa
ExaltaciónMarte
CaídaXúpiter
editar datos en Wikidata ]

Capricornio[1] (♑︎) é o décimo signo astrolóxico do zodíaco, o quinto de natureza negativa (feminina) e de calidade cardinal.[2][3] Simboliza a sabedoría e as augas polo deus primordial dos sumerios: Enki; o seu símbolo representa a montaña, pertencendo xunto a Touro e Virxe ó elemento terra.[4] Está rexido por Saturno e dentro desa triloxía de Terra representa a sementeira. O seu signo oposto é Cáncer.[5]

O símbolo astrolóxico presenta un animal híbrido: unha cabra con cola de peixe ou monstro mariño. A cola de peixe simboliza as augas nutritivas onde nace o ser para elevarse ó máis alto grao de espiritualidade. Representa o alicornio co seu único corno protuberante sobre a testa, semellante a unha lanza.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capricornio.
  2. Kwak, Hyokjin; Jaju, Anupam; Zinkhan, George M. (2015). Spotts, Harlan E., ed. "Astrology: Its Influence on Consumers’ Buying Patterns and Consumers’ Evaluations of Products and Services". Proceedings of the 2000 Academy of Marketing Science (AMS) Annual Conference. Developments in Marketing Science: Proceedings of the Academy of Marketing Science (en inglés) (Springer International Publishing): 95. ISBN 9783319118857. doi:10.1007/978-3-319-11885-7_25. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  3. Campagnola, Katarina (2010). Astrology in the field of psychology: A study on Jung's typology and the four astrological elements. p. 16. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  4. Mitchell, V.-W. (1995). "Using astrology in market segmentation". Management Decision (en inglés): 53. ISSN 0025-1747. doi:10.1108/00251749510075383. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  5. Silverman, Bernie I. (1 de marzo de 1971). "Studies of Astrology". The Journal of Psychology 77 (2): 141–149. ISSN 0022-3980. doi:10.1080/00223980.1971.9916861. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  6. Alice Bailey.Tratado sobre los siete rayos. Tomo III. Astrología esotérica. Bos Aires: Fundación Lucis. 1995.