Capitolio Nacional de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°35′51″N 74°4′35″O / 4.59750, -74.07639

Fronte do Capitolio Nacional.

O Capitolio Nacional de Colombia é a sede do Congreso Nacional, máximo órgano lexislativo da República de Colombia. Atópase no custado sur da Praza de Bolívar, no centro histórico de Bogotá.

O capitolio foi deseñado orixinalmente por Thomas Reed a solicitude do presidente Tomás Cipriano de Mosquera, construíuse entre 1848 e 1926 e diversos arquitectos estiveron ó seu cargo. É unha das construcións máis representativas da arquitectura republicana e neoclásica na cidade.[1] O Capitolio Nacional de Colombia foi declarado Monumento Nacional polo decreto 1584 do 11 de agosto de 1975.[2]

Contexto urbano[editar | editar a fonte]

O Capitolio Nacional atópase entre as carreiras sétima e oitava con rúas novena e décima, no custado sur da Praza de Bolívar, na localidade de La Candelaria, centro histórico de Bogotá. No custado sur do edificio atópase a Praza de Armas da Casa de Nariño. Polo costado do Patio de Rafael Núñez, un túnel construído en 2006 comunica este extremo do Capitolio co Edificio Novo do Congreso, situado sobre a carreira sétima. O Edificio Novo do Congreso atópase no costado leste do Capitolio, foi construído en 1979 e nel atópanse as sete comisións da Cámara de Representantes e as sete comisións do Senado.[3] O costado leste compleméntase co edificio do Colexio Maior de San Bartolomeu, institución educativa fundada polas xesuítas en 1604.

No costado oeste do Capitolio atópase a Casa dos Comuneiros, na cal funciona un museo e a sede da Secretaría Distrital da Cultura, Recreación e Deporte.[4] Pola parte occidental seguindo pola carreira oitava atópase tamén a Igrexa de Santa Clara onde funciona no presente un museo de arte e o Palacio Echeverri, edificio construído por Gastón Lelarge en 1909 o cal é sede do Ministerio de Cultura.

A praza de Bolívar, como praza maior da cidade de Bogotá, ocupa o custado norte do Capitolio. Dende 1846, recibe o nome do libertador Simón Bolívar e posúe unha estatua do mesmo, elaborada polo escultor italiano Pietro Tenerani, a cal foi doada á cidade polo prócer da independencia José Ignacio París.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Capitolio Nacional como un claro ejemplo del estilo neoclásico en Colombia. Universidad de La Salle. 
  2. "Bienes de Interés Cultural" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de agosto de 2013. Consultado o 01 de outubro de 2018. 
  3. "Así es el Congreso por dentro". Terra. 
  4. "Casa de los Comuneros". Instituto Distrital de Turismo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Corradine Angulo, Alberto (1998). Historia del Capitolio Nacional de Colombia. Bogotá: Edición Escala Ltda. ISBN 958-9004-60-1. 
  • Conconcreto S.A. (1994). Restaurar para el futuro: Capitolio Nacional. Bogotá: Litografía Arco. ISBN 958-9054-33-1. 
  • Jaramillo Contreras, Álvaro; Borda Villegas, Andrés (1991). El Capitolio Nacional como un claro ejemplo del estilo neoclásico en Colombia. Bogotá: Universidad de La Salle.