Capitados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capitados
Capitata

Millepora dichotoma,
unha especie de milepórido do mar Vermello
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Orde: Anthoathecata
Suborde: Capitata
Kühn, 1913
Familias
Véxase o texto

A dos capitados (Capitata) é unha suborde de cnidarios hidrozoos, unha das tres comprendidas na orde dos antoatecados.[1][2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Cladonema pacificum
Hydrocoryne miurensis
Velella velella

Descrición[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1913 polo zoólogo alemán Alfred Kühn.[1][2]

Familias[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2020) recoñécense na suborde as seguintes familias:[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A maioría das especies son formas coloniais que segregan unha estrutura ramificada común sobre a que se implantan os pólipos. Nestas colonias existe unha división funcional entre os pólipos que integran a colonia: algúns teñen funcións alimentarias, e son coñecidos como gastrozoides; outros son defensivos, os dactilozoides, erizados de cnidocitos; e outros, os activos reprodutivamente, son os denominados gonozoides.

Os caracteres diagnósticos do grupo son:[3]

Habitan tanto en augas salgadas, como salobres ou doces.

O seu rango de profundidade é entre 1,55 e 7,632 m, e o seu rango de temperatura entre -1,54 e 28,87 °C.[4]

A distribución xeográfica dos representantes do grupo inclúe todos os océanos ye latitudes, desde augas polares a tropicais.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Capitata Kühn, 1913 no WoRMS. Consultada o 30 de agosto de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Capitata Kühn, 1913 no ITIS.
  3. Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent 24: 47-296.
  4. Capitatana EOL. Consultada o 30 de agosto de 2020.
  5. Capitata no IOBIS. Consultado o 30 de agosto de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent. 24: 47-296. Ver en liñea en: Phylogeny and Classification of Hydroidomedusae.
  • Nawrocki, A. M.; Schuchert, P. & Cartwright, P. (2010): "Phylogenetics and evolution of Capitata (Cnidaria: Hydrozoa), and the systematics of Corynidae". Zoologica Scripta 39 (3): 290-304.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]