Saltar ao contido

Capitán Garfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capitán Garfo
Imaxe
 Papel
Obra
 Presente na obra
 Universo ficticio
 Creador/a
 Inspirado en
Biografía
 Circunstancias morte
 Asasinado por
 Sexo
 Condición médica
 Cor do pelo
 Cor dos ollos
Actividade
 Inimigo/a
 Educado en
 Cargo ocupado
Códigos e identificadores
VIAF45150170593600012123 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0js_j Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Musicbrainz: c73c0301-e575-4e2a-8fe3-27d8e7fbd20c Songkick: 63376 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O capitán James Hook é un personaxe ficticio de Peter Pan, creado por J. M. Barrie. Hook é un capitán pirata, antagonista e némesis de Peter. Dise que traballaba para Barbanegra e era o único home ao que Long John Silver temía. Usa un gancho de metal onde debería estar a súa man dereita, que foi cortada por Peter Pan e comida por un crocodilo; ao crocodilo gustoulle tanto o sabor da súa man que o seguiu polo resto da súa vida coa esperanza de poder probar máis.

No libro de Barrie, o crocodilo atrapa a Hook ao final, e Peter esquécese del rapidamente e atopa un novo rival; pero Hook foi máis popular entre o público, e case todas (se non a maioría) das secuelas tráeno de volta dalgunha ou outra forma.

Presúmese que o capitán Hook foi inspirado polo famoso capitán inglés Christopher Newport. Ambos tiñan cabelo escuro de pasado dubidoso, e aos dous faltáballes a man dereita e portaban un gancho de metal no seu lugar.

Na edición da Editorial Galaxia de 1989, coa tradución de Alberto Avendaño, este personaxe aparece nomeado como Garfo.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Peter Pan". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-04-29.