Antonio Carreró Vergés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Capitán Carreró»)
Antonio Carreró Vergés
Retrato en Vida Gallega, 1936.
Nacemento19 de setembro de 1899
Lugar de nacementoVigo
Falecemento27 de setembro de 1936
Lugar de falecementoAsturias
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carreró Vergés, nado en Vigo o 19 de setembro de 1899 e finado en Asturias o 27 de setembro de 1936, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tenente de navío Antonio Carreró Mestre. En 1915 entrou na Academia de Infantaría. Como oficial de Infantaría prestou servizos en África e tamén estivo destinado en Vigo. Cara a 1925 era primeiro tenente no Goberno Militar. Despois foi capitán no Rexemento de Murcia. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, por orde de Felipe Sánchez Rodríguez, comandante militar da praza, declarou o estado de guerra en Vigo o 20 de xullo de 1936, leu o bando na Porta do Sol e ordenou disparar contra os que estaban presentes. Despois estivo á fronte do pelotón que fusilou a Emilio Martínez Garrido e outros republicanos vigueses. Marchou á fronte e morreu en Asturias a finais de setembro de 1936. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró o 29 de setembro, cos soldados Eduardo Núñez Saavedra e Eugenio Rodríguez Cantero.

Polo seu acto do 20 de xullo, a Porta do Sol de Vigo foi rebautizado co seu nome, inutilmente porque a maioría da poboación local seguiu utilizando o nome orixinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 172. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]