Chantre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Capiscol»)
Chantre co bastón cantoral.

O chantre[1] era o nome que se daba, dentro da Igrexa católica, a unha dignidade eclesiástica nalgúns cabidos.

Funcións[editar | editar a fonte]

Tallo de chantre.

O chantre era un cargo que designaba ao mestre cantor do coro nos templos principais, especialmente nas catedrais e nas colexiatas. Nalgúns lugares, este termo facía igualmente referencia ao sochantre que dirixía o coro gobernando o canto chan.

Este cargo tamén existía dentro dalgúns mosteiros, onde se encargaba ademais de organizar as procesións dos clérigos e conservar os libros en ausencia do bibliotecario.[2] Debía vestir con capa e indumentaria especial e portar a batuta ou bastón cantoral de mestre durante o cumprimento das súas funcións.

O seu equivalente nas sinagogas sería o Hazzán.[3]

Esta dignidade eclesiástica está hoxe en desuso.[1]

O sochantre[editar | editar a fonte]

O sochantre era o cargo seguinte, o cóengo que estaba innmediatamente por debaixo do chantre.[4] O chantre era o responsábel de elixilo, nomealo e remuneralo. Ademais de como auxiliar do chantre, adoitaba encargarse da ensinanza do canto aos nenos e aos capeláns.

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Chantre[editar | editar a fonte]

O nome chantre provén do latín clásico cantor, -oris, "cantor", "músico", palabra especializada do dominio eclesiástico, no sentido de "cantante de igrexa", e entrou nas linguas románicas no século XIII, por primeira vez no francés en 1227.[5]

A primeira aparición do termo en castelán data de 1250, e está recollida na primeira das Sete Partidas de Afonso X o Sabio:[6][7]

Chantre tanto quiere decir como cantor, et pertenesce á su oficio de comenzar los responsos, et los himnos et los otros cantos que hobieren á cantar también en las procesiones que fecieren como en el coro.

Orixe da dignidade[editar | editar a fonte]

Os canonistas non están de acordo sobre a súa orixe. Uns confúndena coa de primiceiro, e outros presumen que o cahntre era antigamente un individuo del cabido que coidaba dos ornamentos e vestimentas sacerdotais e dos ministros do altar, segundo a opinión dos beneditinos.

San Gregorio o Grande atribúelle unha especie de xurisdición no coro a fin de velar para que se gardara a maior decencia no servizo divino. Tamén parece que tiña o dereito de impoñer penas aos clérigos que cometían algunha falta e de denuncialos ao bispo se non cambiaban a conduta. Como o dereito que teñen as dignidades se amaña polos costumes particulares dos cabidos, non se poden determinar exactamente os diversos privilexios que gozaban os chantres nas igrexas onde os había. Varios canonistas afirman que as súas funcións eran antigamente as de colectar os impostos persoais.

Na literatura galega[editar | editar a fonte]

As crónicas do sochantre, de Álvaro Cunqueiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chantre.
  2. [1]. La vida de los Monjes de Piedra. Apartado "Cargos del monasterio cisterciense".
  3. Hitos de Nuestro Sistema Musical en histomusica.com
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sochantre.
  5. Trésor de la langue française informatisé.
  6. Las siete partidas del rey Alfonso X el Sabio, según la edición de la Academia de la Historia. Madrid, 1807, reimpr. en Madrid, Atlas, 1972, 3 vols. tit. VI, ley V, p. 254. Segundo a achega ao estudo dos préstamos galorromances nas partidas de Afonso X.
  7. Garcés, María del Pilar (1986). "Aportación al estudio de los préstamos galorromances en las Partidas de Alfonso X.". Epos : Revista de Filología (en castelán) (2): 89–101. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]