Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capercaille
Instancia de
Composto por
Epónimo
Fundación / creación
1984
Inicio de actividade
1984
Wikidata C:Commons
Capercaillie é unha banda de música folk escocesa fundada na década de 1980 por Donald Shaw (músico) e dirixida por Karen Matheson .
Gravaron o seu primeiro álbum, Cascade , en 1984 . O seu álbum debut A Prince Among Islands foi a primeira gravación en gaélico escocés en chegar ao Top 40 de sinxelos do Reino Unido ( UK Top 40). Entre as máis escoitadas, outra canción de Capercaillie chamada Dark Alan (Alein Dunn) acadou o número 65. O álbum Secret People alcanzou a posición 40, e o álbum To the Moon acadou a posición 41. Capercaillie popularizou as cancións tradicionais gaélicas utilizando técnicas de produción modernas, así como métodos de mestura, combinando música tradicional con batería e baixo.
Toman o seu nome do Tetrao urogallus , a pita do monte das Highlands de Escocia.[ 1]
Capercaille ao longo de máis de tres décadas participou en numerosos concertos en Galiza, como no Festifolk en Carballo [ 2] , no Festival de Ortigueira [ 3] , nas Festas de San Froilán de Lugo [ 4] , etc., gravaron unha actuación nos Directos da Galega da CRTVG [ 5] e en setembro de 2022 está prevista unha colaboración da Capercaillie Symphonic coa Real Filharmonía de Galicia no Festival Maré de Compostela , no Auditorio de Galicia .[ 6]
1984: Cascade
1987: Crosswinds
1988: The Blood is Strong
1989: Sidewaulk
1991: Delirium
1992: Get Out
1993: Secret People
1994: Capercaillie
1996: To the Moon
1997: Beautiful Wasteland
1998: Glenfinnan (Songs of the '45)
2000: Nàdurra
2002: Choice Language
2008: Roses and Tears
1998: Dusk Till Dawn: The Best of Capercaillie
2002: Capercaillie Live in Concert
2004: Grace and Pride: The Anthology 2004-1984
Putumayo presents Celtic tides: a musical odyssey
Celtic Christmas II: a Windham Hill collection (3 edicións, publicado en 1996, con músicos de Irlanda, Galiza e Escocia)[ 7]
Celtic crossroads
Celtic odyssey
Celtic women
The Celtic Circle
Celtic tides
The rough guide to Celtic music : harp, fiddle, flute & guitar, Celtic connections
One World
Green Linnet Records: the twentieth anniversary collection
Karen Matheson
Donald Shaw
Charlie McKerron
Manus Lunny
Ewen Vernal
Michael McGoldrick
David Robertson
Che Beresford
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia