Capacidade de difusión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase capacidade de difusión do pulmón á medida da transferencia de gases desde este órgano aos glóbulos vermellos nos vasos sanguíneos pulmonares.

Forma parte dunha serie completa de probas (probas da función pulmonar) realizadas para determinar a capacidade total do pulmón para transportar gases dentro e fóra do sangue.

A capacidade de difusión, especialmente a capacidade de difusión ou factor de transferencia do pulmón do monóxido de carbono (DLCO, nas súas siglas en inglés), determínase en certas enfermidades do pulmón e do corazón.),[1]

A medida da capacidade de difusión no pulmón do monóxido de carbono (DLCO) foi estandarizada de acordo cun protocolo das Sociedades Torácicas Europea e Americana.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Macintyre, N; Crapo, R. O.; Viegi, G., et al. (2005): "Standardisation of the single-breath determination of carbon monoxide uptake in the lung", Eur. Respir. J. 26 (4): 720–735.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.