Cangrexo dos cocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cangrexo dos cocos
Coconut Crab Birgus latro.jpg
Estado de conservación
Datos insuficientes [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Superfamilia: Paguroidea
Familia: Coenobitidae
Xénero: Birgus
Leach, 1816
Especie: B. latro
Nome binomial
Birgus latro
(Linnaeus, 1767)
Distribución

Distribución
Sinonimia
  • Cancer crumenatus Rumphius, 1705 (pre-Linnean)
  • Cancer crumenatus orientalis Seba, 1759
  • Cancer latro Linnaeus, 1767
  • Birgus laticauda Latreille, 1829

O cangrexo dos cocos ou cangrexo dos coqueiros (Birgus latro) é o meirande artrópodo terrestre do mundo. É un cangrexo ermitán altamente apomórfico e é coñecido pola súa capacidade de abrir cocos coas súas potentes pinzas coa finalidade de comer o seu contido. É a única especie do xénero Birgus.

Nalgunhas linguas é chamado "cangrexo ladrón" (que é tamén a tradución exacta do seu nome científico en latín) ou "ladrón das palmeiras", xa que algúns cangrexos desta especie teñen roubado obxectos brillantes como cazos e cubertos de casas e tendas de compaña.[2]

O cangrexo dos cocos tamén ten outros nomes locais como ayuyu en Guam, e unga ou kaveu nas illas Cook. En Guam, chámaselle por veces "cangrexo dos cocos taotaomo'na" pola crenza tradicional de que os espíritos dos devanceiros poden adoptar a forma de animais como o ayuyu.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L. G. Eldredge (1996). "Birgus latro". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o July 25, 2011. 
  2. Sify News (ed.). "Coconut-eating crab extinct from Great Nicobar?". Consultado o 25 de xullo de 2008. 
  3. Buzzle.com (ed.). "A Giant Spider That Can Crack a Coconut? No, It's a Crab!". 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.