Saltar ao contido

Cangrexo (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cangrexo
 Instancia de
 Epónimo
Karkinos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Parte de
Características físicas
Superficie506 °² Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0qck6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

En astronomía Cáncer,[1] tamén chamado Cangrexo[2][3] ou Caranguexo (símbolo , Unicode ♋), é unha das doce constelacións do zodíaco. En astroloxía, Cáncer constitúe un dos doce signos zodiacais.

A constelación de Cáncer é pequena e feble. Atópase entre as constelacións de Xémini ao Leste, Lynx ao Norte e as constelacións de Canis Minor e Hydra ao Sur.

A constelación tamén dá o seu nome ao trópico de Cáncer.

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]
Representación medieval de Cáncer

Cáncer non ten estrelas brillantes. α Cancri só ten magnitude 4,2.

Cáncer é coñecida entre os afeccionados á astronomía como a constelación na que se atopa Praesepe (M44), tamén coñecida coma O presebe, un cúmulo aberto que conten tamén a estrela ε Cancri e que pode observarse cuns simples prismáticos. O Presebe abarca máis dun grao cadrado sendo observable a simple vista como unha luz difusa; situado dentro do Presebe —aínda que moi lonxe, detrás do mesmo—, hai un grupo de galaxias pertencente ao cúmulo de Coma-Virgo que só son visibles con telescopios de potencia media.

Outros obxectos do espazo profundo que se atopan en Cáncer son M67, un cúmulo aberto coñecido dende moi antigo e moi vello, e NGC 2775, unha galaxia espiral de magnitude 11,3. Nunha noite clara a constelación contén preto de 50 estrelas visibles a simple vista.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]
Imaxe da constelación de Cáncer.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

A constelación do cangrexo e a constelación da Hydra están relacionadas cun dos doce traballos de Heracles (Hércules romano). A deusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un cangrexo xigante para acabar coa súa vida mentres este loitaba coa temible serpe Hydra. Porén, Heracles saíu vitorioso. Coma recompensa polos seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangrexo e a Hydra no ceo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cáncer.
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cangrexo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]