Canelura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caneluras nunhas columnas corintias no Templo de Diana en Évora.

As caneluras son estrías ou sucos verticais, usualmente de sección semicircular, talladas sobre o fuste dunha columna, un piar, unha pilastra ou nun tríglifo.

Na columna dórica, están separadas por arestas vivas; na xónica e na corintia, por nervaduras. A orde toscana non ten caneluras e son opcionais para as outras ordes.

As caneluras eran usadas con motivo decorativo na antigüidade, aínda que actualmente tamén se empregan na fabricación de mobles, na artesanía e na industria metalúrxica.

Tipos de caneluras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]