Saltar ao contido

Caneleira branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canella

Canella winterana
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Magnoliidae
Orde: Canellales
Familia: Canellaceae
Xénero: ''Canella''
P.Browne, 1758
Especie: ''Canella winterana''

Canella winterana, de nome común caneleira branca, é a única especie do xénero monotípico Canella, da familia Canellaceae.[1] Utilízase a súa casca, a canela branca, como condimento ou planta medicinal. É orixinaria das Antillas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un arbusto de gran tamaño que pode alcanzar o tamaño dunha pequena árbore de 4 a 15 m de altura, de cortiza agrisada. Toda a planta é aromática e lembra ao cheiro da grosella negra, mais non debe confundirse coa canela verdadeira (Cinnamomum).

Detalle da planta

As follas son alternas, obovadas ou oblanceoladas, coriáceas, de cor verde escura salpicada de glándulas translúcidas. A superficie superior é escura e a superficie inferior de cor verde brillante, máis lixeira e mate. As inflorescencias son xeralmente panículas terminais, ás veces axilares.

Froito

A flor ten 3 sépalos de 2-3 mm de grosor e 5 pétalos obovados, de 5-6 mm, de cor brillante vermella, cunha base de cor amarelada, 10 estames con filamentos unidos nun tubo estaminal de 3-4 mm e anteras de cor amarela a laranxa, e un estilo curto, pero máis grande. A floración dura de xuño a setembro. O froito é unha baga globosa de cor verde e vermellón, e, finalmente, case negra, de 7-10 mm de diámetro. Contén até 5 sementes de cor negra, brillante, oblongas, de 5-6 mm. Aínda que as flores son hermafroditas, compórtanse como flores unisexuais.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Canella winterana foi descrita por L. Gaertn. e publicada en De Fructibus et Seminibus Plantarum. . . . 1: 373, t. 77, f. 2. 1788.[2]

Sinonimia
  • Canella alba Murray
  • Canella canella (L.) H.Karst.
  • Canella laurifolia Sweet
  • Canella obtusifolia Miers
  • Laurus winterana L. basónimo
  • Winterana canella L.
  • Winterana obtusifolia (Miers) Warb.
  1. 1 2 "Canella winterana" (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2025.
  2. "Canella winterana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de abril de 2025.