Candice DeLong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCandice DeLong
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOffender profiling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncriminóloga , enfermeira , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Northwestern (pt) Traducir
Federal Bureau of Investigation Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Candice DeLong, nada o 16 de xullo de 1950, é unha exaxente e criminóloga do FBI.[1] DeLong foi a xefa de perfís crimimais en San Francisco, California, e traballou no caso Unabomber.[1] É a presentadora dos programas de televisión de Investigation Discovery Deadly Women e Facing Evil with Candice DeLong.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu e criouse en Chicago, Illinois, sendo filla dun contratista de construción e dunha ama de casa.[2] DeLong declarou que o seu pai lle recomendou escoller unha carreira que fose práctica.[3] Antes de entrar no eido criminal, DeLong traballou como enfermeira psiquiátrica no hospital da Universidade do Noroeste en Chicago, Illinois.[3] Porén, cando tiña 28 anos divorciouse cun neno pequeno.[2] Na busca dunha nova carreira, DeLong foi a Quantico, Virxinia en 1980 para asitir á academia de adestramento do FBI. Foi unha das únicas sete mulleres que foron recrutadas.[2] DeLong traballou na oficina de Chicago do FBI despois de graduarse de Quantico.[2] DeLong declarou que os seus tres obxectivos profesionais eran: "involucrarse nun caso criminal nacional de alto perfil, atrapar un asasino en serie e rescatar unha vítima de secuestro con vida".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Discovery.com (ed.). "Candice DeLong (Discovery ID bio)". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Nguyen, Lan N. (28 de xuño de 2001). Daily News, ed. "Former FBI agent Candice DeLong talks law and order in her new book". Nova York. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Blum, Andrea (20 de novembro de 2009). The News Herald, ed. "On the front lines: FBI profiler had high-stakes career". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de abril de 2019.