Saltar ao contido

Cancro do castiñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancro do castiñeiro
Cryphonectria parasitica
Margaret Elizabeth Barr-Bigelow (pt) Traducir 1978 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
clwy'r gastan bêr (cy)  
Chestnut blight (en)  
Kastanjekanker (nl)  
Edelkastanienkrebs (de)  
Kastaiingskimmel (af)  
cancro del castaño (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Causa de
 Categoría taxonómica
 Basónimo
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
 SuperreinoHolomycota
 ReinoFungi
 FiloAscomycota
 ClaseSordariomycetes
 OrdeDiaporthales
 FamiliaCryphonectriaceae
 XéneroCryphonectria
 EspecieCryphonectria parasitica Editar o valor en Wikidata
M.E.Barr, 1978 Cryphonectria parasitica Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0hsjd Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778572240 Editar o valor en Wikidata
UNIIE68N1HWJ1D Editar o valor en Wikidata
ITIS610667 Editar o valor en Wikidata
OTT103005 Editar o valor en Wikidata
CoLZT4H Editar o valor en Wikidata
EOL192291 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O cancro do castiñeiro[1] é unha enfermidade fúnxica causada polo ascomiceto Cryphonectria parasitica. Este fungo, patóxeno de feridas, non é quen de invadir tecidos corticais sans, penetrando no hóspede a través de feridas de distinta natureza (poda, fendas, cicatrices etc.). Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[2] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

O síntoma máis característico consiste na presenza de cancros sobre o toro, pólas e rebentos, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a morte de gomos e pólas por riba da lesión, podendo observarse nas árbores afectadas franzas secas a agromar de pés vizosos.

Os métodos de loita para o control deste patóxeno foron evoluíndo. Porén, non se coñece no momento actual un realmente eficaz. Ás veces plántanse ou enxértanse especies de castiñeiros foráneos resistentes.

Axente causal

[editar | editar a fonte]

/Cryphonectria parasitica (Murrill) Barr (Ascomycota, Diaporthales). Sinónimo: 'Endothia parasitica Estado asexual (mitótico): Endothiella parasitica(Murrill) P.J. & H.W. Anderson.

Nomes vulgares noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Inglés: chestnut blight ou canker;
  • Francés: chancre de l'écorce du châtaignier;
  • Alemán: Kastanienkrebs;
  • Español: chancro del castaño;
  • Portugués: Cancro do castanheiro.

Árbores hospedadoras

[editar | editar a fonte]

Castanea sativa (castiñeiro europeo), Castanea dentata (castiñeiro americano), diferentes especies de carballos: Quercus ilex (aciñeiras), Quercus pubescens, Quercus petraea (carballos albariños), Castanopsis, pradairos, Rhus typhina, Carya ovata.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

Atopouse cancro na metade norte da Península: Galiza, Norte de Portugal, Asturias, Castela e León, País Vasco, Navarra e Cataluña.

Distribución mundial

[editar | editar a fonte]

Achouse cancro do castiñeiro nos catro continentes:

  • Europa: Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Hungría, Italia,

Macedonia do Norte, Polonia, Portugal, Rusia (costa do Mar Negro e Cáucaso), Suíza, Ucraína e repúblicas iugoslavas.

  • América do Norte: Canadá (Columbia Británica e Ontario) e os Estados Unidos.
  • África: Tunisia
  • Asia: China, Corea do Norte, Corea do Sur, Xeorxia, India (Uttar Pradesh), Xapón (Honshu), Taiwán e Turquía.
  1. Nome vulgar da doenza en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012), Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo
  2. Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 das Especies Exóticas Invasoras máis daniñas do mundo. Unha selección do Global Invasive Species Database Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, decembro de 2000. Versión traducida e actualizada: Novembro de 2004.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]