Campora San Giovanni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Mediterráneo perto á Vila de Campora San Giovanni coas súas oliveiras.
Vila de Campora San Giovanni nunha tarde de verán.

Campora San Giovanni (en calabrés: Campura San Giuvanni y Campura Santu Janni) é unha vila do concello de Concenza na Calabria, ao sur de Italia cunha poboación de 7.208 persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A vila de Campora San Giovanni fica preto do litoral do mar Mediterráneo e desenvolveuse a partir do ano 1950 sobre unha pequena mesa que sobrancea sobre unha área plana adxacente á praia. A rexión está bordeada por un outeiro destinado á produción de viñas e oliveiras. Este outeiro inclínase suavemente cara á rexión e ofrece un panorama impresionante:

  • á esquerda, o golfo de Lamezia Terme;
  • en fronte, sobre a liña do horizonte, nos días sen nubes divisase o volcán Stromboli, co seu penacho de fume.

Desde o porto de Campora pódese chegar ás Illas Eolias.

Barrios[editar | editar a fonte]

  • Augurato
  • Carratelli
  • Cologni
  • Cozza
  • Cuccuvaglia
  • Fravitte
  • Gallo
  • Imbelli
  • Marano
  • Marinella
  • Mirabelli
  • Oliva
  • Piana Cavallo
  • Piana Mauri
  • Principessa
  • Ribes
  • Rubano
  • Strìttùrì
  • Villanova


Historia[editar | editar a fonte]

Na antigüidade, a zona foi sede de dúas cidades da Magna Grecia.

  • Temesa (no grego antigo Τεμεσα), aliada de Sibari. Corresponde máis ou menos aos actuais barrios de Carratelli e Imbelli; xunto a Imbelli, ao confín co Serra d'Aiello, atopáronse restos de construcións antigas da cultura grega.
  • Algo mais afastada está a cidade de Klethe (no grego antigo Κλετθε), nas veciñanzas da actual Principessa ao confín co Savuto de Cleto, habitada pola princesa, de cuxo nome xorde o barrio homónimo, Amazonia, aliado dos Crotonianos aínda inimigo dos Sibaritides.

Viño[editar | editar a fonte]

Os viños locais son bos, sobre todo os tintos que os brancos, son tamén a base da cociña camporesa, os mais apreciados polos catadores son Savuto e Il Gallo.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]