Campo de concentración de Padrón
| Campo de concentración de Padrón | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Iria Flavia | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O campo de concentración de Padrón foi un dos campos de concentración do Franquismo, que acolleu prisioneiros do bando republicano. Situado na parroquia de Iria Flavia (Padrón), estivo activo entre 1937 e 1940.
Historia
[editar | editar a fonte]A edificación, que a principios do século XX fora unha fábrica dedicada á produción de azucre de remolacha,[1][2][a] foi reconvertida en prisión polo bando sublevado na guerra civil española en novembro de 1937.[3] O recinto carcerario estaba formado por varios edificios e terreos que abarcaban unha extensión de 5,98 hectáreas rodeados por un cercado de arame de espiño,[1] e foi escollido de acordo á súa situación estratéxica, ó estar a carón dunha importante vía férrea, que ademais comunicaba co porto de Vilagarcía de Arousa.[1][3] A capacidade recoñeocida do presidio era de 1 700 presos.[4][5] Os prisioneiros, unha vez chegados, eran posteriormente enviados ós campos de concentración de Rianxo e Muros.[1][3]
O campo de concentración pasou por dúas etapas diferenciadas; a primeira, dende a súa posta en funcionamento ata finais do ano 1938, constituída por reclusos apresados trala caída de Asturias;[6] e a segunda, a partir de febreiro de 1939, conformada por reclusos procedentes do campo de concentración de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza),[1] capturados trala ofensiva de Cataluña. Ademais albergou presos galegos, especialmente procedentes da contorna de Santiago de Compostela.[6] Pasaron polo centro de reclusión arredor de 3 000 prisioneiros.[6][7]
As condicións eran estritas e encargábanse da vixilancia arredor de oitenta soldados axudados por membros da Garda Civil.[1][3][8] Algúns dos presos falecidos durante o seu cativerio foron soterrados no camposanto de Adina.[6] Cesou a súa actividade o 2 de abril de 1940.[1][3][4][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Sociedad Anónima Azucarera de Padrón, coñecida popularmente como a Azucarera, fundada o 29 de novembro de 1899, impulsada e presidida por Alfonso Osorio de Moscoso, comezou a súa actividade industrial o 15 de novembro de 1901 e pechou en 1904, desaparecendo como sociedade en 1907.[1]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Azucreira de Padrón". obaixoulla.gal. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ López, Uxía (2 de novembro de 2000). "Recuerdos de la Iria más negra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Torna, Cilia (19 de febreiro de 2019). "O campo de concentración de Padrón". Nós Diario. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ 4,0 4,1 Leyenda, Alberto (20 de marzo de 2019). "Las "puertas del infierno" de Franco". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ 5,0 5,1 Hernández de Miguel, Carlos. "Campo de concentración de Padrón". Los campos de concentración de Franco (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gómez, Joel (12 de febreiro de 2008). "Cuando Padrón fue un infierno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El campo de concentración de Padrón tuvo 3.000 presos en la guerra". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Sete balas da guerra civil española, segunda peza de "Fóra dos Museos"". NUMAX. 9 de abril de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costa, Xesús; Santos, Xesús (2007). Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo. Concello de Rianxo / Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-92-0-319291-0. Depósito legal: C-3664-2007.
- Cimadevila Álvarez, Carlos (2012). A guerrilla e os campos de concentración (PDF). III Seminario sobre a Memoria. pp. 3–5.
