Saltar ao contido

Campo de Condús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eugenio Pardo Conchado - Condús
Oleiros Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Deporte
Persoas e organizacións
 Ocupante
Localización
 Situado en
Wikidata

O Campo municipal de fútbol de Condús ou Eugenio Pardo Conchado é un campo de fútbol situado na capital municipal de Oleiros, o seu propietario é o Concello de Oleiros. Nel xogan como locais o CD Dorneda e o Club Deportivo Obrero de Oleiros. Leva o nome de Eugenio Pardo Conchado, presidente do CD Obrero a mediados do século XX.[1]

O seu terreo de xogo é de 95x48 metros de céspede artificial. Conta cunha bancada cuberta con capacidade para 350 persoas e pode acoller en total outras 650 persoas de pé[2].

Foi reinaugurado após as obras de reforma polo alcalde Ángel García Seoane e o daquela responsábel da área de deportes da Deputación Provincial da Coruña e presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, en 2008[3].

  1. "Fútbol modesto". El Ideal Gallego. 7 de agosto de 1943. p. 4. 
  2. "Campo de Fútbol Eugenio Pardo Conchado - O Condus Oleiros". Páxinas Galegas. Consultado o 04-04-2016. 
  3. Galicia, La Voz de. "El campo de fútbol de Condús, de hierba artificial, será inaugurado este sábado". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2016-04-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]