Campo da Graça
Estadio Arthur Morais | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 12°59′48″S 38°31′55″O / -12.9966169, -38.5319248 |
Localización | Salvador, Baía |
Construción | |
Inauguración | 1920 |
Estadio | |
Capacidade | 7000 |
Localía | Galícia Esporte Clube Bahia Vitória Ypiranga |
Eventos | |
Ba-Vi | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo da Graça, oficialmente Estadio Arthur Morais, foi un estadio de fútbol inaugurado en 1920 en Salvador, no estado brasileiro de Baía.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi durante anos o maior estadio de Baía, con capacidade para máis de 7000 espectadores,[2] e nel xogaban varios dos meirandes clubs de Salvador como o Galícia, o Bahia, o Vitória, o Ypiranga ou o Guarany entre outros. Foi tamén no Campo da Graça onde tivo lugar o primeiro Ba-Vi, o derbi entre o Bahia e o Vitória, en 1932, con vitoria do Bahia por 3-0.[3] Dous anos despois acolleu un encontro entre o Galícia e a selección brasileira que rematou 10-4 a favor da canarinha.[4]
O Bahia xogou no Campo da Graça ata 1951, cando se inaugurou a Fonte Nova. O Campo da Graça foi perdendo protagonismo fronte a outros estadios, ata que finalmente o Vitória e o Galicia deixaron de disputar alí os seus partidos e construíron os seus propios estadios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Salvador Presente: nossos pontos de encontro". correio24horas.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ "Flamendo x Fluminense – Campo da Graça – Salvador-BA" (en portugués). Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ "10 de abril de 1932: O primeiro Ba-Vi da história" (en portugués). 10 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ "BRASIL 10x4 GALÍCIA". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021.