Campo da Estrada
Campo da Estrada | ||||
---|---|---|---|---|
A Coruña ![]() | ||||
Tipo | instalación deportiva e aeródromo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | A Coruña ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Campo da Estrada foi un amplo terreo situado na cidade da Coruña, no que se levaron a cabo numerosas actividades recreativas e deportivas na primeira metade do século XX. Foi utilizado como campo de fútbol durante décadas e serviu como o primeiro aeródromo da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]
Situado a carón do cuartel de Atocha, a súa vasta extensión permitía a realización de diversas actividades da sociedade coruñesa. Un dos seus usos máis habitual foi o de campo de fútbol, xa dende a década de 1900, na que a creación de numerosos clubs coruñeses fixo necesario un terreo de xogo adicional ao Corralón da Gaiteira e a praza de touros.[1] Nas seguintes décadas xogaron nos seus terreos ducias de equipos, disputándose o último encontro o 20 de outubro de 1940.[1]
Na década de 1910 foi o escenario dun festival de aviación organizado pola Liga de Amigos. Na primeira edición, celebrada en 1911, tivo lugar o primeiro voo a motor da historia de Galicia, a cargo do piloto francés Georges Leforestier e poucas semanas despois Pierre Léopold Lacombe partiu engalou dende o terreo coruñés para voar ata Ferrol.[2][1] Na segunda edición do festival aterraron no Campo da Estrada os pilotos franceses Léonce Garnier, Maurice Poumet e Henry Tixier, mentres que en 1913 fíxoo o histórico Jules Védrines.[3] Xa nos anos 30, disputáronse neste campo os primeiros partidos de béisbol da historia da cidade, trala creación dos clubs Caribe e Piratas no seo do Centro Íbero-Americano da Coruña.[1]
Durante a guerra civil española, o Campo da Estrada serviu como aeródromo para o bando nacional.[1][2] Nel instaláronse tamén as primeiras antenas de telegrafía sen fíos de Galicia.[1] O seu nome consérvase na actual rúa Campo da Estrada, que ocupa parte dos mesmos terreos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Novo, Lois (14 de xaneiro de 2025). "El Campo de la Estrada, nido de la aviación gallega y del béisbol coruñés". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 "Campo de la Estrada: El primer aeródromo coruñés". La Opinión A Coruña (en castelán). 24 de novembro de 2009. Consultado o 8 de marzo de 2025.
- ↑ Campos Mantiñán, Fernando (28 de outubro de 2023). "Olladas doutro tempo: O Campo da Estrada e o Aviador". Consultado o 8 de marzo de 2025.