O Campo Municipal de Fontenla é un campo de fútbol situado no núcleo de Santa Comba, no que xoga como local o Xallas FC. Forma parte do complexo deportivo municipal de Fontenla, propiedade do Concello de Santa Comba, que inclúe piscina climatizada, pavillón polideportivo e pista de pádel.[1] Está destinado principalmente á práctica de fútbol e fútbol 8.
O terreo de xogo é de herba artificial e unhas dimensións de 100 x 66 m e ademais con bancadas cubertas. A capacidade do campo é duns 2500 asistentes.[2]