Campo Municipal de Fútbol de Gallamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°21′05.8″N 8°11′10.2″O / 42.351611, -8.186167

Campo Municipal de Fútbol de Gallamonde
Campo Municipal de Fútbol de Gallamonde 2018 Miño.jpg
Vista do campo
Datos
LocalizaciónGallamonde s/n, 15630 Miño, Galicia
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións110 x 70
Capacidade1.000
PropietarioConcello de Miño
LocalíaA. D. Miño
Campo Municipal de Fútbol de Gallamonde (2) 2018 Miño.jpg

O Campo Municipal de Fútbol de Gallamonde é unha instalación destinada á práctica do fútbol, próxima á vila de Miño, o Concello de Miño é o seu propietario e nel xoga os seus partidos como local a A. D. Miño.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial, cunhas medidas de 110 × 70 metros e conta cunha bancada parcialmente cuberta cunha capacidade total de 1.000 persoas[1]. Existen ademais, catro vestiarios independentes para os equipos e dous vestiarios para adestradores así como servizos públicos adaptados para persoas con mobilidade reducida. Adicionalmente, foi instalada unha cantina cuberta e climatizada a nivel do campo para poderen presenciar os partidos desde a mesma[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A.D. Miño :: Estadio ::". www.lapreferente.com. Consultado o 2016-04-23. 
  2. "instalaciones | admiño". ad-mino.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 2016-04-23.