Campo magnético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Campo Magnético")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Liñas de forza dun campo magnético dun imán.

Un campo magnético é o campo producido por cargas en movemento, que resulta no exercicio dunha forza sobre outras cargas en movemento non paralelo. Esta forza é proporcional ao campo magnético xerado, isto é, ao valor de indución magnética (B) que é unha magnitude vectorial empregada para caracterizar un campo magnético; proporcional á carga que sofre a acción do campo, á velocidade desta carga e ao seno do ángulo que forman a velocidade da carga e o vector indución magnética.

 F \propto B \cdot v \cdot Q\cdot{Sen(\theta)}

Características[editar | editar a fonte]

Por outra banda o campo magnético pódese abordar de xeito semellante ao eléctrico, máis en lugar de considerar a carga eléctrica (un escalar) como fonte do campo, este papel vaino facer o momento dipolar magnético (un vector). É neste senso que se fala do campo magnético coma un campo que deriva dun potencial vectorial e non dun escalar como o campo eléctrico.

  \vec B\ = \nabla\times \mu


  •  \vec B\  é o vector indución magnética
  • μ é o momento dipolar magnético que o xera

Unha consecuencia disto é o feito do campo magnético que non pode ser un campo conservativo, e daquela non ser irrotacional, presentando en xeral un rotacional que non se anula. Porén a súa diverxencia, resulta nula por definición, polo que non hai fontes nin sumidoiros nun campo magnético, non hai "cargas magnéticas", ou máis correctamente, non hai monopolo magnético. E por isto mesmo as liñas de campo son sempre pechadas.

Para ter unha idea intuitiva do que é un dipolo magnético, pódese considerar o caso máis sinxelo que o xera: o dunha corrente eléctrica circular. Neste caso o dipolo magnético é un vector perpendicular ao plano do círculo, co sentido de avanzo dun sacarrollas que xira coa corrente. O seu módulo vén dado polo produto de corrente e radio.

Un caso importante de material magnético é o do imán. É un material como a magnetita (imán permanente), o ferro imantado etc., que cria ao seu redor un campo magnético. A razón atópase no feito de ter na súa estrutura interna unha serie de dominios, nos que os electróns presentan orbitais que dan lugar a momentos magnéticos paralelos, e ademais este dominios están orientados dun mesmo xeito, fornecendo un momento resultante non nulo. O imán sempre presenta un polo norte e un polo sur, aínda que rompa cada anaco manterá os dous polos evidenciando de novo o feito de que as liñas de campo son sempre pechadas: saen do polo norte e entran de novo polo polo sur (ver a figura).

Dun punto de vista do magnetismo, os materiais pódense clasificar en:

Isto segundo o comportamento que presenta a súa susceptibilidade magnética.

Unidades de medida[editar | editar a fonte]

A principal característica da potencia do campo magnético é o vector de indución magnética . Dependendo do medio introdúcese como o vector do campo magnético .

As dimensións e unidades de medida das magnitudes magnéticas empredas no Sistema Internacional de Unidades son:

  • c velocidade da luz (constante)
  • M unidade de masa
  • L unidade de lonxitude
  • T unidade de tempo
  • I corrente eléctrica
Unidades electromagnéticas do SI
Símbolo Nome da cantidade Unidades Derivadas Conversión de Internacional a SI
I
Corrente eléctrica ampere (unidade báse do SI) \mathrm{A=C\ s^{-1}}
q
Carga eléctrica culombio \mathrm{C=A\ s}
U,\ \Delta V,\ \Delta\phi,\ \Epsilon Diferencia de potencial; Forza electromotiva volt \mathrm{V=J\ C^{-1}=kg\ A^{-1}m^2s^{-3}}
R;\ \Zeta;\ \Chi Resistencia eléctrica ; Impedancia; Reactancia ohm \mathrm{\Omega=V\ A^{-1}=kg\ m^{2} \ A^{-2}s^{-3}}
\ \rho Resistividade ohm metro \mathrm{\Omega\ m=kg\ A^{-2}m^3s^{-3}}
\ \Rho Potencia eléctrica watt \mathrm{W=V\ A=kg\ m^2s^{-3}}
\ C Capacitancia faradio \mathrm{F=C\ V^{-1}=A^2kg^{-1}m^{-2}s^4}
\mathbf{\Epsilon} Campo eléctrico voltio por metro \mathrm{V\ m^{-1}=C^{-1}N=kg\ A^{-1}m\ s^{-3}}
\mathbf{D} Desplazamento do campo eléctrico Coulomb por metro cadrado \mathrm{C\ m^{-2}=A\ m^{-2}s}
\varepsilon Permisividade faradio por metro \mathrm{F\ m^{-1}=A^{2}kg^{-1}m^{-3}s^{4}}
\!\chi_e Susceptibilidade eléctrica Sen dimensións
\Beta;\ G;\ \Upsilon Conductancia; Admitancia; Susceptancia siemens \ \mathrm{S=\Omega^{-1}=kg^{-1}A^2m^{-2}s^3}
\gamma,\ \kappa,\ \sigma Conductividade eléctrica siemens por metro \mathrm{S\ m^{-1}=A^2kg^{-1}m^{-3}s^3}
\ \mathbf{B} Campo magnético, Indución magnética tesla \mathrm{T=Wb\ m^{-2}=kg\ A^{-1}s^{-2}}
\ \Phi Fluxo magnético weber \mathrm{Wb=V\ s=kg\ A^{-1}m^2s^{-2}}
\mathbf{H} Forza do campo magnético ampere por metro \mathrm{A\ m^{-1}}
L,\ \Mu Inductancia henry \mathrm{H=Wb\ A^{-1}=V\ A^{-1}s=kg\ A^{-2}m^2s^{-2}}
\ \mu Permeabilidade electromagnética henry por metro \mathrm{H m^{-1}=kg\ A^{-2}m\ s^{-2}}
\ \chi Susceeptibilidade Magnética Adimensional

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Campo magnético

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]