Campionato mundial de snooker
O Campionato mundial de snooker ou World Snooker Championship é unha competición de snooker que reúne os 16 mellores clasificados da Clasificación Mundial e outros 16 xogadores. O torneo celébrase todos os anos desde 1927 e actualmente ten lugar no Crucible Theatre de Sheffield (Inglaterra). O actual campión (2021) é o inglés Mark Selby.
Historia[editar | editar a fonte]
O primeiro campionato mundial foi organizado en 1927 por Joe Davis. Os partidos celebráronse en diversos lugares, e a final tivo lugar no Salón de Camkin, en Birmingham. O campionato foi gañado por Joe Davis, superando a Tom Dennis 20-11. O mellor break foi de 60 por Albert Cope.
Nos anos seguintes o campionato irase celebrando en diversos lugares. A pesar dun aumento no interese no snooker só houbo dous participantes para o campionato profesional de 1931. O evento foi organizado na trastenda dun pub de Nottingham, propiedade de Tom Dennis. O feito de que estaba xogando na súa propia mesa non axudou e Joe Davis gañou por 25-21 e acadou a súa quinta vitoria consecutiva. Joe Davis gañou ano a ano ata 1940, cando comezou a Segunda guerra mundial e durante a cal non houbo campionato. Retomado o torneo en 1946, Davis gañouno por 15 e última vez, e non volveu a participar no campionato do mundo aínda que continuou xogando como xogador profesional.
Walter Donaldson gañou en 1947, pero foi Fred Davis quen dominou os seguintes anos, ao gañar tres veces en 1948, 1949 e 1951.
De 1953 a 1963 non se celebrou o campionato. En 1964 o torneo reviviu cun formato de desafío a un único partido, un formato que durou ata 1968. Isto significaba que os partidos se levaban a cabo de forma irregular, ás veces máis dunha vez ao ano. John Pulman foi o dominador durante este período, e superou a todos os rivais sete veces en cinco anos.
O campionato volveu de novo a ser un torneo de eliminatorias en 1969. Ese ano foi gañado por John Spencer, pero foi Ray Reardon o que ía dominar nos seguintes anos, ao gañar seis veces entre 1970 e 1978.
1976 foi o primeiro ano no que ocampionato foi patrocinado pola marca de cigarros Embassy. Ao ano seguinte, o evento trasladouse ao Crucible Theatre de Sheffield no Reino Unido, e a BBC comezou a prestar maior cobertura de televisión. O Crucible (Crisol) ofrece un ambiente único para o torneo, tanto para os espectadores como para os espectadores de televisión. Ten unha capacidade de menos dun milleiro de persoas, coa primeira fila de asentos só a uns poucos metros dos xogadores. Co tempo empezou a atraer unhas audiencias de televisión moi grandes, e para a maioría dos afeccionados o Crucible é sinónimo de snooker. Os xogadores de maior éxito no Crucible foron Steve Davis, quen gañou seis veces na década de 1980, e Stephen Hendry, quen gañou sete veces na década de 1990. Recentemente, o torneo foi máis aberto, con seis xogadores diferentes gañando na década do 2000. A máis famosa final ocorreu en 1985, cando Dennis Taylor bateu a Steve Davis 18-17 nun dos partidos máis rifados de todos os tempos.
O 27 de abril de 2009 confirmouse que o Campionato do Mundo quedaría no Crucible polo menos outros cinco anos (ata 2016).
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Joe Davis ten a marca de maior número de campionatos: 15.
- O primeir break máximo foi alcanzado por Cliff Thorburn en 1983.
- Ronnie O'Sullivan é o único xogador que conseguiu tres break máximos, é tamén o único en facer un break máximo e perder ese partido (contra Marco Fu en 2003).
- Só catro gañadores non proceden do Reino Unido; (Horacio Lindrum e Neil Robertson Australia), Cliff Thorburn (Canadá) e Ken Doherty (Irlanda).
- O campión máis novo é Stephen Hendry; tiña 21 anos en 1991.
- O único que perdeu un partido sen gañar un só xogo foi Eddie Charlton que perdeu 10-0 contra John Parrot en 1992.
Lista de gañadores e finalistas[editar | editar a fonte]
Ano | Vencedor | Finalista | Resultado | Tempada |
---|---|---|---|---|
1927 | ![]() |
![]() |
20 - 11 | n/a |
1928 | ![]() |
![]() |
16 - 13 | n/a |
1929 | ![]() |
![]() |
19 - 14 | n/a |
1930 | ![]() |
![]() |
25 - 12 | n/a |
1931 | ![]() |
![]() |
25 - 21 | n/a |
1932 | ![]() |
![]() |
30 - 19 | n/a |
1933 | ![]() |
![]() |
25 - 18 | n/a |
1934 | ![]() |
![]() |
25 - 23 | n/a |
1935 | ![]() |
![]() |
25 - 20 | n/a |
1936 | ![]() |
![]() |
34 - 27 | n/a |
1937 | ![]() |
![]() |
32 - 29 | n/a |
1938 | ![]() |
![]() |
37 - 24 | n/a |
1939 | ![]() |
![]() |
43 - 30 | n/a |
1940 | ![]() |
![]() |
37 - 36 | n/a |
1941 - 1945 interrupción | ||||
1946 | ![]() |
![]() |
78 - 67 | n/a |
1947 | ![]() |
![]() |
82 - 63 | n/a |
1948 | ![]() |
![]() |
84 - 61 | n/a |
1949 | ![]() |
![]() |
80 - 65 | n/a |
1950 | ![]() |
![]() |
51 - 46 | n/a |
1951 | ![]() |
![]() |
58 - 39 | n/a |
1952 | ![]() |
![]() |
94 - 49 | n/a |
Challenge Matches | ||||
1964« | ![]() |
![]() |
19 - 16 | n/a |
1964 | ![]() |
![]() |
40 - 33 | n/a |
1965 | ![]() |
![]() |
37 - 36 | n/a |
1965 | ![]() |
![]() |
25 - 22 | n/a |
1965 | ![]() |
![]() |
39 - 12 | n/a |
1966 | ![]() |
![]() |
5 - 2 | n/a |
1968 | ![]() |
![]() |
39 - 34 | n/a |
Era pré-Crucible | ||||
1969 | ![]() |
![]() |
37 - 24 | n/a |
1970 | ![]() |
![]() |
37 - 33 | n/a |
1971 | ![]() |
![]() |
37 - 29 | n/a |
1972 | Alex Higgins | ![]() |
37 - 32 | n/a |
1973 | ![]() |
![]() |
38 - 32 | n/a |
1974 | ![]() |
![]() |
22 - 12 | 1973/74 |
1975 | ![]() |
![]() |
31 - 30 | 1974/75 |
1976 | ![]() |
Alex Higgins | 27 - 16 | 1975/76 |
Crucible Theatre | ||||
1977 | ![]() |
![]() |
25 - 21 | 1976/77 |
1978 | ![]() |
![]() |
25 - 18 | 1977/78 |
1979 | ![]() |
Dennis Taylor | 24 - 16 | 1978/79 |
1980 | ![]() |
Alex Higgins | 18 - 16 | 1979/80 |
1981 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 1980/81 |
1982 | Alex Higgins | ![]() |
18 - 15 | 1981/82 |
1983 | ![]() |
![]() |
18 - 6 | 1982/83 |
1984 | ![]() |
![]() |
18 - 16 | 1983/84 |
1985 | Dennis Taylor | ![]() |
18 - 17 | 1984/85 |
1986 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 1985/86 |
1987 | ![]() |
![]() |
18 - 14 | 1986/87 |
1988 | ![]() |
![]() |
18 - 11 | 1987/88 |
1989 | ![]() |
![]() |
18 - 3 | 1988/89 |
1990 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 1989/90 |
1991 | ![]() |
![]() |
18 - 11 | 1990/91 |
1992 | ![]() |
![]() |
18 - 14 | 1991/92 |
1993 | ![]() |
![]() |
18 - 5 | 1992/93 |
1994 | ![]() |
![]() |
18 - 17 | 1993/94 |
1995 | ![]() |
![]() |
18 - 9 | 1994/95 |
1996 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 1995/96 |
1997 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 1996/97 |
1998 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 1997/98 |
1999 | ![]() |
![]() |
18 - 11 | 1998/99 |
2000 | ![]() |
![]() |
18 - 16 | 1999/00 |
2001 | ![]() |
![]() |
18 - 14 | 2000/01 |
2002 | ![]() |
![]() |
18 - 17 | 2001/02 |
2003 | ![]() |
![]() |
18 - 16 | 2002/03 |
2004 | ![]() |
![]() |
18 - 8 | 2003/04 |
2005 | ![]() |
![]() |
18 - 16 | 2004/05 |
2006 | ![]() |
![]() |
18 - 14 | 2005/06 |
2007 | ![]() |
![]() |
18 - 13 | 2006/07 |
2008 | ![]() |
![]() |
18 - 8 | 2007/08 |
2009 | ![]() |
![]() |
18 - 9 | 2008/09 |
2010 | ![]() |
![]() |
18 - 13 | 2009/10 |
2011 | ![]() |
![]() |
18 - 15 | 2010/11 |
2012 | ![]() |
![]() |
18 - 11 | 2011/12 |
2013 | ![]() |
![]() |
18 - 12 | 2012/13 |
2014 | ![]() |
![]() |
18 - 14 | 2013/14 |
2015 | ![]() |
![]() |
18 - 15 | 2014/15 |
2016 | ![]() |
![]() |
18 - 14 | 2015/16 |
2017 | ![]() |
![]() |
18 - 15 | 2016/17 |
2018 | ![]() |
![]() |
18 - 16 | 2017/18 |
2019 | ![]() |
![]() |
18 - 9 | 2018/19 |
2020 | ![]() |
![]() |
18 - 8 | 2019/20 |
2021 | ![]() |
![]() |
18 - 15 | 2020/21 |
2022 | 2021/22 |