Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007
| Tipo | Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial |
|---|---|
| Organizador | Unión Ciclista Internacional |
| Localización e Datas | |
| Carreiras | 13, Cross country |
| Carreiras | 6, Trial |
| Localización | Fort William - An Gearasdan (Highland) 56°49′01″N 5°06′35″O / 56.8169, -5.1097 |
| País | Reino Unido |
| Intervalo de tempo | 4 de setembro de 2007 – 9 de setembro de 2007 |
| Número de edición | 18 (2007) |

O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial de 2007 é a 18ª edición dos mundiais deste deporte, e celebrouse en Fort William (Escocia) entre o 3 e o 9 de setembro de 2007.
Localización
[editar | editar a fonte]
As instalacións das probas atópanse a uns 10 km do centro da cidade de Fort William, no oeste de Escocia, saíndo en dirección noroeste cara a Inverness. O contorno é localización da estación de esquí de Nevis Range. As pistas de descenso e four cross estaban situadas nas abas do Ben Nevis, o monte máis elevado de toda a illa, mentres que o circuíto de cross se desenvolvía ao seu pé.
Nestas instalacións dispútanse todos os anos probas da Copa do Mundo de ciclismo de montaña, e son un lugar permanente de adestramento para ciclistas de montaña.
Probas
[editar | editar a fonte]Disputáronse probas nestas especialidades:
- Cross: masculino e feminino, en tres categorías: absoluto, sub23 e júnior. A categoría júnior correu sobre unha distancia de 25,6 km, a feminina absoluta e sub23 sobre 34,2 km, a masculina sub23 sobre 42,8 km, e a absoluta masculina sobre 51,4 km.
- Descenso: masculino e feminino, en dúas categorías: absoluto e júnior.
- Four-cross: masculino e feminino
- Remudas: mixto
- Trial: masculino, con rodas de 20 e 26 polgadas, e mais feminino. O masculino en categorías absoluta e júnior. Ademais, houbo unha competición por equipos.
É a primeira vez que se competía en remudas, e tamén a primeira vez que o trial se facía en categoría feminina e por equipos.
Presenza galega
[editar | editar a fonte]Logo da rotura de clavícula da ciclista Eva Castro ao comezo da tempada, o que impediu a súa presenza no campionato, o único galego en Fort William foi José Antonio Hermida, medallista olímpico. Compite na proba de cross, en categoría absoluta, e quedou en décima posición.
Resultados
[editar | editar a fonte]| Proba | |||
|---|---|---|---|
| Cross mulleres | Irina Calentieva • 1:44'08" |
Sabine Spitz • 1:44'47" |
Wang JingJing • 1:45'50" |
| Cross homes | Julien Absalon • 2:17'06" |
Ralph Naef • 2:17'32" |
Florian Vogel • 2:18'00" |
| Cross mulleres (sub23) | Liu Ying • 1:45'43" |
Chengyuan Ren • 1:49'15" |
Elisabet Osl • 1:51'03" |
| Cross homes (sub23) | Jakob Fulgsang • 1:54'04" |
Nino Schurter • 1:55'48" |
Yaroslav Kulhavy • 1:57'25" |
| Cross mulleres (júnior) | Alla Boico • 1:25'14" |
Jitka Skarnitzlova • 1:25'43" |
Julie Bresset • 1:26'50" |
| Cross homes (júnior) | Thomas Litscher • 1:37'06" |
Piotr Brzozka • 1:37'33" |
David Fletcher • 1:37'47" |
| Descenso mulleres | Sabrina Jonnier • 5'28"35 |
Rachel Atherton • 5'32"36 |
Tracey Hannah • 5'39"89 |
| Descenso homes | Sam Hill • 4'52"01 |
Fabien Barel • 4'52"65 |
Gee Atherton • 4'56"38 |
| Descenso mulleres (sub23) | Floriane Pugin • 5'50"18 |
Katy Curd • 6'17"30 |
Myriam Nicole • 6'41"48 |
| Descenso homes (sub23) | Ruarifh Cunningham • 5'06"82 |
John Swanguen • 5'08"89 |
Matthew Scoles • 5'09"07 |
| Four-cross mulleres | Jill Kintner |
Anneke Beerten |
Melissa Buhl |
| Four-cross homes | Brian Lopes |
Romain Saladini |
Jurg Meijer |
| Remudas | |||
| Trial mulleres | Karin Moor • 7 pt |
Gemma Abant Condal • 10 pt |
Mireia Abant Condal • 11 pt |
| Trial homes absoluto (rodas de 26 p.) | Vincent Hermance • 9 pt |
Gilles Coustellier • 10 pt |
Kenny Belaey • 12 pt |
| Trial homes absoluto (rodas de 20 p.) | Benito Ros Charral • 6 pt |
Carles Díaz Codina • 7 pt |
Daniel Comas Riera • 10 pt |
| Trial homes sub23 (rodas de 26 p.) | Aurélien Fontenoy • 6 pt |
Loris Braun • 17 pt |
Hannes Herrmann • 19 pt |
| Trial homes sub23 (rodas de 20 p.) | Aurélien Fontenoy • 10 pt |
Eduard Planas Núñez • 18 pt |
Kevin Aglae • 22 pt |
| Trial por equipos |
Medalleiro
[editar | editar a fonte]| Posto | País | Total | |||
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 6 | 4 | 2 | 12 | |
| 2 | 3 | 3 | 1 | 7 | |
| 3 | 3 | 3 | 2 | 7 | |
| 4 | 2 | 1 | 2 | 5 | |
| 5 | 1 | 1 | 1 | 3 | |
| 6 | 1 | 1 | 2 | ||
| 7 | 1 | 1 | |||
| 1 | 1 | ||||
| 9 | 3 | 2 | 5 | ||
| 10 | 2 | 1 | 3 | ||
| 2 | 2 | ||||
| 12 | 1 | 1 | 2 | ||
| 13 | 1 | 1 | |||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 | ||||
| 1 | 1 |