Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico 2016 é un certame mundial deportivo de fútbol gaélico. É a segunda edición do Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico, e celébrase en Dublín entre o 9 e o 12 de agosto. Nesta ocasión non se celebrará a copa mundial de clubs. Tanto no campionato masculino coma no feminino compite a selección de fútbol gaélico de Galicia.

Campionato masculino[editar | editar a fonte]

A competición consiste nunha fase de grupos, e en función dos resultados os equipos clasifícanse para dous trofeos diferentes, a Copa e Escudo. Os gañadores do grupo D e E disputarán a final da copa. O campión e subcampión do grupo F enfrontaranse pola final do Escudo. Haberá tamén un torneo de repesca para o resto de equipos.

  • Grupo A: Canadá, Oriente Medio, Chicago, Arxentina
  • Grupo B: Alemaña, Francia, Omán, San Francisco, Pequín
  • Grupo C: Bretaña, Galicia, Nova York, Suráfrica.

Campionato feminino[editar | editar a fonte]

O campionato feminino ten tamén tres torneos. Tras a fase de grupos inicial, o campión e subcampión do grupo C disputarán a final da Copa, mentres que o campión e o subcampión do grupo D disputarán a final do Escudo. Haberá tamén un torneo de repesca, para o resto de equipos.

  • Grupo A: Europa 1, Francia, Oriente Medio, Suráfrica
  • Grupo B: Europa 2, Galicia, Nova York, Canadá