Campionato de España de segunda categoría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato de España de segunda categoría
Fundación1914
Desaparición1926
RexiónEspaña España
EquiposVariable

O Campionato de España de segunda categoría foi un torneo futbolístico por eliminación directa no que participaban clubs pertencentes á segunda categoría dos campionatos rexionais. Situado xerarquicamente nun nivel inferior ao Campionato de España de primeira categoría, disputáronse apenas unhas poucas edicións a comezos do século XX.

Historia[editar | editar a fonte]

O torneo xurdiu en 1913 organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol—, sendo de libre inscrición para os clubs que participasen na segunda categoría dos campionatos rexionais e mais para os segundos equipos dos clubs de primeira.[1][2][3][4] Só se disputou unha edición baixo esta fórmula, da cal resultou campión o Centre d'Esports Sabadell.[5][6]

Posteriormente, e xa coa Real Federación Española de Fútbol constituída, o torneo foi recuperado en 1920,[7] sendo gañado polo Stadium Avilesino.[8]

Logo despois, volvería ser disputado baixo a denominación de Campionato de España de primeira categoría - grupo B ou simplemente Campionato de España do grupo B[9], disputándose anualmente entre 1923 e 1926, participando nel os campións rexionais de segunda categoría (tamén chamada naquela altura primeira categoría-grupo B).[10]

Por acordo da Asemblea nacional celebrada en Vigo en xullo de 1922, organizouse e disputouse un campionato nacional entre os campións rexionais do grupo B de 1ª categoría, que foi suprimido pola Asemblea de 1927. Durante a súa celebración resultaron vencedores: o Martinenc F.C., de Barcelona, en 1923; o Acero Club, de Olabeaga, en 1924; o Club Deportivo Júpiter, de Barcelona, en 1925, e o Pasayako Lagun Ederrak, de Pasaia, en 1926.
Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 120.

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Resultado Lugar Incidencias
1913 CE Sabadell Cardenal Cisneros FC 1-2, 2-1 Madrid Partidos de desempate (1-1, 1-1, 1-0)
1920 Stadium Avilesino Martinenc FC 3-2 Xixón
1923 Martinenc FC CD Esperanza 4-2 Donostia
1924 Acero Club Osasuna FC 2-1 Sevilla
1925 CD Júpiter Athletic de Gijón 4-1 Valencia
1926 Pasayako FC Badalona 2-2 Zaragoza Partido de desempate (1-0)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Foot-ball. Campeonato de España de segunda categoría". La Publicidad nº 12.231 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 3. 
  2. "Campeonato de España de segunda categoría. Premios: Copa de plata, regalo de S. M. el Rey, y II medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 11. 
  3. "Campeonato de España de segunda categoría. Premios: Copa de plata, regalo de S. M. el Rey, y II medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 12. 
  4. "Campeonato de España de segunda categoría. Premios: Copa de plata, regalo de S. M. el Rey, y II medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 13. 
  5. "El Sabadell campeón de España". Mundo Deportivo nº 386 (en castelán). 5 xuño de 1913. p. 5. 
  6. David Valero-Carreras (1 de decembro 2016). "El Centre d'Esports Sabadell FC, campeón de España… en la final más larga". Cuadernos de Fútbol nº 82 (en castelán). ISSN 1989-6379. 
  7. "Asamblea Nacional de Federaciones. Campeonato de 2º categoría". Madrid-Sport nº 192 (en castelán). 3 de xuño de 1920. p. 5. 
  8. "El Stadium Avilesino, campeón de España de segunda categoría". Madrid-Sport nº 203 (en castelán). 19 de agosto de 1920. p. 12. 
  9. Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 44.
  10. Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Calatrava, Vicente. Historia y estadística del fútbol español. Segunda Parte. De los Juegos de Amberes a la Guerra Civil. (1920-1939) (en castelán). ISBN 978-84-607-5767-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]